Skip to Content

XOVES 21 E VENRES 22 DE MAIO

Bo día familias, con este día tan soleado supoño que aproveitaredes para saír a algunha zona bonita a pasear, se as vosas tarefas e traballos volo permiten. Que gocedes moito do día. Aquí vos deixamos as propostas para hoxe:

 

PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: PASAR O PANO AOS MOBLES.

Como xa vos dixen, grazas ao traballo de outras mestras e mestres descubrimos novas actividades interesantes como esta. Nada máis colaborador e doado coas tarefas da casa que pasar o pano aos mobles e obxectos decorativos da casa, sempre con moito tino e calma, desfrutando da tarefa, que deso se trata. No bloque conpequesnacasa atopei esta sinxela e interesante idea, espero que vos guste.

 

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA: CONCURSO DE PALABRAS.


Hoxe vou a propoñervos un xogos dixital por primeira vez, a ver que vos parece. Este primeiro xogo é de lectoescritura, o tendes na páxina cokitos.com. O xogo consiste en ir colocando as letras da imaxe que nos aparece. Temos unha serie de de vogais e consonantes, unhas pertencen á palabra e outras non, e eles/as teñen que colocalas no seu lugar. 

PROPOSTA DE LÓXICA: SUMAS ATA O 10 CON APOIO VISUAL.

Na páxina aulapt.com tendes a opción de descargar ata 100 sumas ata o 10 con apio visual. Logo podedes imprimilas ou podedes copiar a idea, pois veredes que é bastante doado. 

PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: ARTUR E CLEMENTINA

 



page | by Dr. Radut