Skip to Content

MÉRCORES 25

Bo día familias de 6º de infantil. Propostas para hoxe:


PROPOSTA DE VIDA PRÁCTICA: Hoxe propoñemosvos limpar zapatos. Parece unha tarefa aburrida é insulsa, pero, ás veces, aos nenos/as failles a súa gracia. Poden ser zapatillas de deporte ás que lle botamos betún de cor branca. Non teñen por que ser zapatos.

De novo a foto é do blogue de Sara Delgado en Instagram, premento na ligazón anterior podedes ver un video da súa clase con esta actividade.

 

PROPOSTA DO NOSO TALLER DE MEDIOAMBIENTE. Hoxe vos propoñemos facer unha pequena investigación pola rede de internet ou por algún libro ou revista de consulta que poidades ter, para crear uns carteis para os vosos cubos do lixo (basura). Serían uns carteis cos elementos que debemos botar en cada un dos cubos do lixo das nosas casas: verde escuro ou marrón, amarelo, verde claro e azul. Así podemos comezar a traballar un pouco mellor dende as casas ese proxecto anual que temos na escola para intentar reducir o consumo de plásticos. Creando nas casas este cubo amarelo podemos ver canto plástico consumimos. Ademais así nos concienciamos un pouco máis da necesidade de facer unha boa clasificación do lixo que podemos reciclar e promover así o coidado do medioambiente. Póñovos un exemplo do cartel para o "cubo amarelo":

Podedes facer un xogo como o que vos mostro a continuación, imprimindo elementos ou debuxando e coloreando. 

Xogo on-line: https://www.cokitos.com/reciclar-basura/play/

 

 

PROPOSTA DO TALLER DE COCIÑA: Seguro que a case todos/as vos gusta a pizza, así que hoxe vos propoño facer unha masa caseira, moi doada e rica. Ademais logo podemos poñer por encima o que máis nos guste a cada familia. Mesmo podemos dividir a pizza resultante en varias partes e cada membro da familia pon o seus ingredientes favoritos na mesma. Se non tendes unha pesa podedes intentar buscar unha receita a base de cuncas (tazas), pero sería xenial se tendes a pesa para facer esta tarefa de lóxica.

INGREDIENTES

  • 30 g de aceite de oliva virxen extra (e algo máis para engrasar un bol)

 

  • 220 g de auga a temperatura templada ou algo quente.

  • 20 g de levadura prensada fresca desmenuzada
    ou ben dúas culleiriñas de levadura de panadería deshidratada (8 gr)

  • 400 g de fariña de forza.

  • 1 culleiriña de sal.

PREPARACIÓN

O primeiro tendes que mesturar a auga coa levadura na propia xarriña da auga.

Nun bol mesturades os ingredientes secos: a fariña e o sal, cunha espátula. 

Despois facedes un oco no centro da mestura de fariña, coma o crater dun volcán (jeje) e aí botades os ingredientes líquidos, a agua mesturada coa levadura e o aceite. 

Agora toca revolver moi ben coa espátula, pero cando sexa complicado hai que empezar a amasar coas mans moi limpiñas.

Cando a masa xa non se nos pegue tanto ás mans a poñemos nunha superficie de traballo limpa e espolvorexada de fariña para seguir amasando un cachiño. Se vos pega moito engadides algo máis de fariña.

Cando a masa estea elástica e non peque facedes unha bola e a deixades repousar no bol previamente engrasado con algo de aceite. Tapades o bol cun trapo limpo e o poñedes nunha zona seca e algo calurosa da casa, para que levede. Polo menos 40´.

Pasado ese tempo debería ter duplicado (ou case) o seu volume. Collemos a masa e a amasamos outra vez na mesa de traballo previamente espolvorexada de fariña. Cando volva estar elástica a tendes que estender coa axuda dun rolo de cociña ou unha botella de cristal grande e limpa. Facedes así a forma da pizza, redonda ou cadrada, segundo os vosos gustos, e co grosor desexado pola familia.

Agora toca poñela sobre un papel de fornear e botarlle os ingredientes preferidos. Suxírovos unha base de tomate frito caseiro e logo o que vos guste: pode ser queixo, xamón cocido, atún, cabaciña, cogumelos, tomate natural, olivas, ananás (piña)...

 

 

PROPOSTA DE LÓXICA: Hoxe vos propoño facer crebacabezas ou puzzles. Preferiblemente dos que teñades pola casa, pero se non tendes ou xa os tendes moi feitos podedes crear o voso propio puzzle facendo un debuxo grande e complicado, logo o pintades, o pegades nunha cartolina e, finalmente facedes uns cortes por onde máis vos apeteza. Logo tendes que volver a montalo. O debuxo tamén volo poden imprimir da internet as familias se tendes impresora, se non, poden facervos o debuxo e vós o coloreades e cortades.

Se o preferides tendes moitas aplicacións de ordenador e tablet con puzzles dixitais, gratuítas. Non vos poño ningunha ligazón porque hai moitas e moi variadas, atoparedes sen problemas. 

 

PROPOSTA DE LETRAS: Unha das propostas que fixemos en letras na aula é a de ir colocando distintas miniaturas sobre unha das letras que propoñemos en grande. O mesmo vos propoño a vós. Empezamos polas iniciais dos compañeiros e compañeira da clase A, B (da igual que o obxecto que propoñamos sexa con B ou V, nos interesa o son, que é o mesmo), D, E e U , G, J (sonido J, non Y ou LL, por agora. Podedes buscar palabras con este son, pero non o asociedes á J), L, M, S. Non imos traballar o H porque non ten son por si soa. De feito as palabras que empezar por H podemos poñelas na primeira letra que soa, por exemplo Hueso podemos poñela na U, o que nos interesa e a asociación do sonido coa letra.

Aquí tendes unha foto do que facíamos no recuncho da clase. O que vos propoño e buscar obxectos pola casa que empecen por dúas letras que escollades cada día, como na imaxe. Facedes as grafías desas letras en grande, en dous folios por separado. Logo buscades pola casa tres ou catro obxectos e/ou xoguetes que comecen polas letras escollidas e metédelos nunha cesta.  O neno/a ten que por cada obxecto na letra correspondente segungo o son co que comeza o seu nome. En segundo lugar facedes unha ficha a man, como a da imaxe e terá que escribir, segundo a súa etapa lectoescritora, o nome de cada obxecto. Se non se animan a facelos sos podedes axudarlles marcando fonéticamente os sons de cada palabra. Pero a primeira parte do xogo, asociar o obxecto á súa letra inicial deberían facelo case todos/as sos.


PROPOSTA DE CONTO DIXITAL: 

EL VIAJE DE LAS MARIPOSAS. OQO editorial

 

 



page | by Dr. Radut