Skip to Content

blogue deprofe

Decoramos a nosa árbore de Nadal!

Ola familias!

A semana pasada estivemos a preparar a decoración da nosa árbore de Nadal, e para isto tivemos que facer un montón de cousas: sacarnos fotos co gorro de Papá Noel, pintar con pincel e témpera pratos de papel, pegar as nosas fotos no prato, decoralo con estrelas... para posteriormente pegar a nosa árbore no exterior da clase.

Ademais, esta semana faltaron un montón de nenos e nenas á clase, mais non nos esquecemos deles. Decoramos tamén os seus pratos con estrelas, coa súa foto, co seu nome... para que poidamos estar todos presentes na nosa árbore. Porque iso é o importante do Nadal: estar xuntos, axudar e ser bos coas persoas que nos rodean.

Bo Nadal e que comecen as festas! Canso

 

Os 3 aniños de Cloe

Moitas felicidades Cloe!

Moitas gracias por compartir con nós o teu cumple, e damos as gracias aos teus papis por esa tortilla tan rica que trouxeron á clase! Sorriso

Os teus compañeiros e compañeiras da clase dos Caracois desexámosche que cumpras moitos máis!

 

O CÍRCULO

Os caracois visitan a nosa aula

Esta semana, as profes trouxeron uns caracois de visita á aula, e tocámolos, vimos como comían, como se movían... e agora temos un montón de preguntas: por onde comen? por que ás veces se lles cae a cáscara? como poden andar? por que son tan lentos? e tamén... por que fan tanta caca?

Seguramente a partir de agora comecemos a investigar un pouco sobre estes pequenos amigos, de modo que todos os contos, cancións, libros, e outros recursos relacionados cos caracois que teñades serán ben recibidos na clase Sorriso 

Seguiremos informando...

Por certo, creo que xa sabedes cal é o nome da nosa clase, non? A clase dos CARACOIS! 

A auga camiñante

Ola familias!

Esta semana foi a SEMANA DA CIENCIA, e para celebralo fixemos un experimento chulísimo: "a auga camiñante". Sentamos como se estivésemos no teatro e botamos un pouco de auga nuns vasos, botámoslles colorante alimentario, mesturamos ben, e conectamos os vasos con papel de cociña moi absorbente. A sorpresa foi que pouco a pouco, a auga comezou a camiñar polo papel de cociña, e as cores mesturáronse creando unhas cores preciosas! 

Ás profes, ocorréusenos preguntar en alto: algún neno sabe o que é a ciencia?, e sorprendeunos Adela coa súa resposta: "a ciencia é explorar o mundo no que vivimos!". Que listos son estes nenos e nenas Sorriso

 

Visitamos o programa "VOCES DE PLÁSTICO" de Radio Voz A Coruña

Este mércores visitamos o programa de radio "Voces de Plástico" de Radio Voz A Coruña. Fomos invitados para mostrar o noso proxecto de Voz Natura "Botalle unha man ao plantea". Proxecto que se está a traballar no colexio neste curso co proposito de reducir a produción de residuos onde  o plástico aparece como principal peligro en calquera das súas representacións. Tamén falamos sobre os problemas actuais do noso día a día e concienciar ainda máis a sociedade dunha Educación Responsabe e Sostible seguindo o noso lema principal "Pensar a nivel global, actuar a nivel local".

Os invitados á radio foron o profesor Fabián Canosa e os alumnos de 6º Leda Tinaquero e Artai Miragaia. Destacar as claras que teñen as ideas e o respecto que teñen estes dous alumnos co medio ambiente, son o reflexo dunha xeración que está moi concienciada cos problemas do noso planeta. Eles foron a voz de todos os nenos e nenas do colexio. Toda a familia do CEIP San Pedro de Visma sabemos a labor tan importante que se está a facer na formación do alumnado e do profesorado para a concienciación e respecto do medio ambiente.

 Agradecer a invitación a Voz Natura e a boa acollida na Radio Voz e o persoal de La Voz de Galicia , en especial a Pablo Portabales e Loreto Silvoso. Un pracer!!

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: 

http://blogs.voznatura.es/sanpedrodevisma/

O MONSTRO DE PLÁSTICO

A nosa profe María

Estes días, fixemos un montón de cousas coa nosa profe de prácticas María: aprendemos o nome dos dediños en galego ("pequeniño", "medianiño", "pai de todos", "furabolos" e "matapiollos"), lemos o conto "Monstro de cores", debuxamos a silueta das nosas mans, traballamos as partes do noso corpo con puzzles, bailamos, cantamos...

Como te queremos profe María Sorriso

Somos diferentes!

Saída ó acuario dos nenos de 4ºA e 4ºB

Os rapaces e rapazas de 4ºA e 4ºB visitamos o Acuarium Finisterrae.

Distribuir contido


by Dr. Radut