Skip to Content

GRAZAS CARTELLE

CAMPAÑA DE AXUDA A HAITÍ

Dende o colexio quixemos aportar o noso graíño de area para axudar a Haití. Por iso, os rapaces do centro participaron na confección de fermosas e orixinais flores de cartón que posteriormente venderon con moito éxito na feira do pasado xoves 4 de febreiro. A recadación final superou os 800 euros, que serán ingresados nunha conta da Cruz Vermella.

Queremos agradecer ós rapaces e a toda a xente do concello que dun xeito ou doutro, colaborou na recadación de fondos para axudar ó pobo haitiano.

VER FOTOS



book | by Dr. Radut