25 de Novembro

   O pasado venres día 25 de Novembro foi o día Internacional da eliminación da violencia     
   contra a muller (http://www.un.org/es/events/endviolenceday)

Como cada ano, e  en colaboración cos servizos sociais do concello, traballamos esta data dun xeito especial. O alumnado de 5º e 6º desenvolveu actividades ao longo de tres sesión en cada aula que culminaron cunha actividade especial o pasado venres. Tratábase dunha gynkana na que nenos e nenas tiveron que levar a cabo diversas actividades propias dos fogares tales como cambiar cueiros, facer camas, tender roupa… actividade que deu o pistoletazo de saída coa lectura dun manifesto en contra da violencia por parte dunha compañeira de 6º nivel e un minuto de silencio en conmemoración de todas as vítimas de maltrato que houbo ao longo do que levamos de ano.

 

Paralelamente noutros niveis tamén se realizaron actividades e conta contos, tanto nos cursos de primaria como en infantil de 5 anos.

Tedes máis fotos na galería, visitádea !!!!

Powered by Drupal - Design by artinet