Skip to Content

Actividades 10ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES 10ª SEMANA DE CORENTENA 2ºA

18/5/2020

Ola, nenas e nenos! Hoxe comezamos a semana e quero que repasemos un tema de Sociais que vimos moi ben o ano pasado: os estados da auga e o ciclo da auga. Vos lembrades daquel experimento que fixeramos en grupos cunhas bolsiñas de plástico con auga que pegamos nas fiestras da aula? E neste curso tamén vimos todos os usos que lle podemos dar a auga: cociñar, lavar, xogar, beber, regar as plantas... e mesmo crear enerxía!!

Que tedes que facer?

1º) Ver estes dous vídeos:

 

 

 

2º) Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai abrir no tema da auga. Podedes pasar as páxinas dándolle as frechas da esquerda e dereita.

3º) Ler con atención o tema ata a páxina 23 e facer as seguintes actividades: Páxina 19: 1, 2. Páxina 20: 4, Páxina 21: 7, Páxina 23: 9, 10, 11. Se queredes podedes facer as outras actividades a maiores, hai algún experimento moi chulo! 

Como actividade extra hoxe propóñovos inventar e escribir 10 oracións interrogativas en castelán. Lembrade como facer correctamente os signos de interrogación: O do principio é como un garfo cara abaixo e o do final como un garfo cara arriba. 

 

 19/5/2020

Bo día! Como estades? Hoxe vos propoño unha actividade de Natus moi interesante: Comparar o ser humano cun animal, podedes facer o traballo nun pequeno texto escrito a man, ou nun procesador de textos no ordenador, ou nunha presentación dixital tamén no ordenador... Como o faredes?

1) Buscades un animal que vos guste, pode ser vertebrado ou invertebrado. Buscades fotografías del, textos... para informarvos. Mirade ben, pois en Google ou en enciclopedias que teñades de animais hai imaxes ata dos esqueletos dos animais!

2) Escribides de maneira resumida as semellanzas e diferenzas deste animal co ser humano. Déixovos un exemplo nunha táboa, podedes engadirlle outras categorías que vos parezan interesantes, por exemplo: como se despraza cada un (nadando, camiñando, reptando, voando e camiñando...) Podedes darlle un código de cor, por exemplo, subliñar ou escribir de vermello as diferenzas e de azul as semellanzas. 

 Como actividade extra propóñovos este ditado, que está moi ben para practicar a Z e C:

 

20/5/2020

Bo día, nenas e nenos! Hoxe quero propoñervos traballar os céntimos. Que son os céntimos? Son tamén moedas, mais son moedas que teñen menos valor que 1€. Para xuntar un euro temos que xuntar 100 céntimos, é como si os céntimos foran as unidades e con cen de elas fixésemos unha centena que chamamos euro! Só temos moedas de 1, 2, 5 (moedas marróns) e 10, 20, e 50 céntimos (moedas amarelas).

IMPORTANTE: Cando queremos escribir unha cantidade en euros e tamén céntimos, podemos facelo de dúas maneiras: "2 euros e 50 céntimos" ou poñer "2,50€". A coma se coloca entre a cifra dos euros e a dos céntimos, e o símbolo que poñemos é o do euro. 

Déixovos aquí unhas actividades para facer. Tedes que contar canto diñeiro hai (para iso primeiro sumade as moedas de euro e logo as de céntimos) e despois escribilo con unha coma que separe os euros dos céntimos. O símbolo do euro xa vos vén escrito na ficha. 

 Como actividade extra e reto para esta semana vos propoño mandarme palabras en castelán con H (pode ser ao principio ou no medio, mais se non a poñedes no lugar que é e me poñedes, por exemplo "haora" en lugar de "ahora", non computará). Tedes ata o domingo para mandarmas se queredes que conten para facer o TOP 3. Déixovos por aquí o podio do "TOP 3" dos participantes do reto da semana pasada:

 21/5/2020

Bo día, rapazada! Antes de explicarvos o que quero que fagades hoxe, me gustaría recordarlles ás vosas familias que na páxina web do cole tedes toda a información para pedir a axuda do fondo de libros para o ano que ven, que o prazo abriu onte e remata o 19 de xuño!!

Agora si, imos coa tarefa de Plástica de hoxe, que penso que é moi divertida: Construir un circuito para unha pelotiña ou canica!

Que precisades para facelo?

  • Unha caixa ou a tapa dunha caixa de cartón, de zapatos por exemplo.
  • Unha canica ou unha pelotiña pequena que rode ben.
  • Varios rolos de cartón de papel hixiénico ou de cociña (se non tedes podedes facelos con cartolina ou utilizar outros tubiños que teñades na casa, como os do fío de coser.).
  • Tesoiras por se queredes recortar un rolo de papel para facer dous tubos.
  • Pegamento, cinta adhesiva ou encadernadores (o que vos funcione mellor para pegar os vosos rolos á caixa).
  • Pintura para decorar o circuito. 

Aquí vos deixo uns exemplos diferentes. 

Como vedes, podedes poñerlle números aos diferentes tubiños de xeito que indiquen a orde na que ten que pasar a pelotiña polos tubos, un frechas que indiquen por onde ten que sair a pelotiña, ou tamén cores, e facer un código de orde de cores diferente cada vez que queirades xogar. 

Tamén vos deixo un vídeo con unha alternativa moi sinxela por se non tedes todo o material, que se faría con un plato de cartón, un pouco de papel, un rotulador, pegamento e unha canica.

 

Make a Ball Maze Hand-Eye Coordination Game - Frugal Fun For Boys and Girls

Como actividade extra vos propoño facer un vídeo (se non queredes vídeo vale audio) contando un chiste EN GALEGO. Estou rematando de montar o vídeo cos vosos trabalinguas, espero que en breves poidades velo! 

  22/5/2020

Bo día, nenas e nenos! Hoxe xa é venres! Que tal levades o voso bote das emocións? Que emoción é a que se repite máis veces no voso bote? Hoxe quero propoñervos a seguinte actividade: aprender a táboa de multiplicar do 5Veredes que a táboa do 5 é super sinxela, porque os produtos das multiplicacións só poden rematar en 0 ou 5. Déixovos unha canción de Miliki e unhas actividades para facer. 

 

Creamos las Tablas de Multiplicar con estas fichas listas para imprimir

Como actividade extra de hoxe vos propoño escribir unha historia en castelán na que aparezan os tres elementos das imaxes. Tedes dúas opcións, a ficha de arriba ou a de abaixo, para escribir a vosa historia. 

  



blog | by Dr. Radut