Skip to Content

Actividades 6ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES DA 6ª SEMANA DE CORENTENA PARA 2ºA

 20/4/2020

Ola, chic@s! Hoxe ides ver un tema de Sociais que traballamos no primeiro trimestre un montón: os tipos de traballo (sector primario, secundario e terciario, que neste libro lles chaman traballos na natureza, nas fábricas e que prestan servizos). Ademais, neste tema podedes ver os medios de comunicación, que na clase tamén os traballamos un pouquiño no primeiro trimestre nalgunha actividade.

Que tedes que facer? 

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai abrir no tema dos traballos e os medios de comunicación. Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

2º Ler con atención, sobre todo, os parágrafos que teñen o título en laranxa e o texto en rosa e vermello. Ata rematar o tema, na páxina 92. Podedes facer oralmente as actividades do libro se queredes.

3ª Tendo en conta a situación que estamos a vivir debido ao Coronavirus, que está a facer que moit@s quedemos na casa, responde por escrito as seguintes preguntas:

  • Que traballos siguen a facerse porque son imprescindibles e para facelos hai que saír da casa? Indica a que sector pertence cada un. 
  • Que traballos poden seguir a facerse dende casa? Como se fan estes traballos dende a casa?
  • Pensas que están sendo importantes os medios de comunicación persoal (teléfono, teléfono móbil, correo electrónico...) durante o confinamento na casa? Por que?
  • E os medios de comunicación social (televisión, radio, prensa...) están sendo importantes neste momento de corentena? Por que?

Non esquezades enviarme por correo as vosas respostas!

Aproveito para lembrarvos que tedes na páxina do cole as actividades que propoñen os diferentes especialistas: Educación Física, Relixión, Música, Inglés... Vistedes o novo reto que vos propón a profe de Música? Estades a botarlle unha ollada ao blogue de Toctina, a mascota da nosa biblioteca? Ademais, cada día vouvos deixar unha actividade extra para aquel alumnado que queira facer algo a maiores:

Hoxe déixovos esta actividade extra para quen queira máis traballo, ollo: Lede ben o enunciado. Non sempre vos piden no mesmo lugar os pares ou os impares ou ordenar co mesmo criterio.

 

21/4/2020

Hoxe póñovos unha tarefa de Natus. É un repaso do que vimos no 1º trimestre: os hábitos saudables. 

 Que tedes que facer? 

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai abrir no tema da saúde e como coidala. Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

2º Ler con atención, sobre todo, os parágrafos que teñen o título en laranxa e o texto en verde e vermello. Ata rematar o tema, na páxina 28. Se queredes, podedes facer algunhas das actividades do libro, ben copiándoas en papel ou ben facéndoas no ordenador ou na tablet.

3º  Tendo en conta a situación que estamos a vivir debido ao Coronavirus responde por escrito as seguintes preguntas:

  • Que hábito saudable (alimentación equilibrada, descanso, hixiene, actividade física...) temos que extremar moito nestes días para evitar contaxiar ou ser contaxiados do virus? 
  • Nestes días de confinamento na casa, como podemos facer actividade física?
  • E como enches o teu tempo libre? 
  • Escribe o horario que estás a seguir habitualmente durante o confinamento: A que hora te levantas, que comidas fas (almorzo, xantar, merenda, cea...) e a que hora aproximada, a que hora fas tarefas da casa ou do cole, a que adicas o tempo libre, a que hora te duchas, a que hora vas durmir, etc

Non esquezades enviarme ao correo as tarefas por escrito que fagades!

A actividade extra de hoxe son dous ditados. As actividades extra son traballo a maiores para quen non lle chegue coas actividades de Snappet, as actividades do blogue, e a lectura e escritura diarias. 

22/4/2020

Ola, chic@s! Hoxe toca darlle caña a Lingua Galega, que é, se cadra, o que máis vos costa falar e escribir á maioría! Por iso hai que practicala moito. 

Que tedes que facer?

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro. Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

2º Ler con atención, o texto das páxinas 66 e 67 "A ladroa de bágoas". Lembrade, antes de ler a historia responder a pregunta que vos fai o libro no rectángulo azul

3º  Facer por escrito as actividades das dúas páxinas seguintes, da páxina 68 e 69.

Non vos esquezades de mandarme por correo estas actividades! Por certo, lembrade que mañá, 23 de abrilé o Día do Libro. Estaría xenial que participárades nalgunha das actividades que propón Toc-Tina: https://view.genial.ly/5e9b7bae3b26f10da5c6aec7/presentation-semana-do-libro

Hoxe a actividade extra que vos deixo é tamén de Lingua, e consiste no seguinte: Tedes que buscar nun mapa político o nome de 15 países diferentes e ordealos alfabeticamente.

Non vos lembrades de como se facía? Aquí vos deixo un vídeo que volo explica:

  23/4/2020

 Ola chic@s! Hoxe xúntasenos a actividade de Plástica co Día do Libro así que, propóñovos dúas actividades de Plástica con moitas opcións, e cada quen que faga a que queira:

1ª opción: Facer un debuxo dun dos nosos libros favoritos: dándolle cor e escribindo o título deste e o autor ou autora con letras bonitas (probade a facelas primeiro suave co lapis por se non vos saen á primeira). En internet tedes modelos de "lettering" moi bonitos.

2ª opción: Facer un marcapáxinas tomando algunha destas ideas. Para facer un deles é aconsellable utilizar cartolina, tesoiras, punzón ou cutter (con axuda), e para decoralos está ben ter pinturas ou outros materiais como , ollos de pegar, papel de agasallo, etc. O importante destes marcapáxinas é que teñen que ter unha parte móbil (é a que facemos recortando), que se separa da parte principal, para enganchar a páxina. Déixovos aquí algunhas ideas:

Non esquezades mandarme unha foto dos marcapáxinas nunha páxina dun libro que vos guste!

A actividade extra de hoxe é a seguinte: 

Ficha de horas menos cuarto en la que te damos unas horas que debes marcar la del reloj correcto.

Ficha de horas y cuarto para señalar el reloj analógico que sea correcto.

Ficha de hora y media, hora en punto, cuartos de hora. Elige el reloj correcto.

24/4/2020

Hoxe toca un tema que a moit@s vos encanta: a multiplicación. Lembrades o que vimos xa o ano pasado? Que era sumar varias veces o mesmo número? Este ano non nos deu tempo a vela moito na clase, mais si que vimos algúns exercicios que se podían resolver con ela (como aquel de cantas flores tiña que chuchar unha abella para facer 3 gotas de mel). Pois ben, que tedes que facer hoxe? 

1º Ver este vídeo onde explican moi ben o que é a multiplicación:

 

2º Facer estas actividades:

Aprendemos a multiplicar de forma divertida

Aprendemos a multiplicar de forma divertida

3º Aprender a táboa do 2: Déixovos unha canción que vos vai axudar a repasala, e unha táboa onde podedes ver que a multiplicación non deixa de ser sumar moitas veces.

Tablas De Multiplicar - Lessons - Tes Teach

Como actividade extra de hoxe propóñovos construir unha táboa de multiplicar, que vos vai axudar un montón para traballar a multiplicación. Para facer a táboa podedes tomar como referencia a da imaxe de abaixo, se facedes clic na imaxe lévavos á explicación detallada de como se fai: 

tablapitagoras-mamadeteo.jpg

 



blog | by Dr. Radut