Skip to Content

Matemáticas no patio 2ºA 2019/20

MATEMÁTICAS NO PATIO

O xoves 19 de febreiro as nenas e nenos de 2ºA baixaron na sesión de Matemáticas ao patio para practicar a medición co metro.

Así, fixeron grupos de 4 e 5 persoas e en cada un levaron un metro de madeira e un xiz branco, cooperando e turnándose os instrumentos para medir diferentes espazos das pistas de balonman e brilé do colexio. Ademais, mentres o grupo medía con instrumentos estandarizados algún membro medía cunha unidade medida que vimos o curso pasado: o pé. Poñéndose de manifesto a importancia de ter medidas estandarizadas para unha concordancia nos resultados.

 Foi unha práctica moi interesante, pois deuse a casualidade de que algúns grupos decidiron medir as mesmas distancias (o longo da pista de balonmán, por exemplo) e descubriron que a ambos lles daba o mesmo resultado! Isto foi proba de dúas cousas: que ambos grupos realizaron a medición con exactitude e que empregaron o mesmo instrumento de medida.

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut