Skip to Content

Día da Paz c@s apadriñad@s 2ºA 2019/20

DÍA DA PAZ 

O martes 4 de febreiro as nenas e nenos do Salgado Torres celebramos o Día da Paz e a Non Violencia. Si, xa sabemos que tiña que ser o 30 de xaneiro, mais o tempo atmosférico non nolo permitiu ese día! Así, ademais de facer un símbolo da paz no patio todo o cole e cantar a fermosa canción "Convivindo" de María Fumaça, os padriños e madriñas lectores visitaron aos seus apadriñados e pasaron un tempo de lecer con eles! Nós, os de 2ºA estivemos no patio de Infantil xogando cos máis peques e pasámolo pipa!

 

 

 



blog | by Dr. Radut