Skip to Content

Día das Letras Galegas

francisco coa bandeira de rosalía

O Día das Letras Galegas é unha celebración moi especial no que celebramos na véspera do 17 de maio. É unha ocasión para honrar a nosa lingua e a nosa cultura, rendendo homenaxe a un autor galego destacado. Nesta ocasión, queremos falar do autor e das diversas actividades que se realizan neste día tan importante.

Este ano, o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego, un home moi involucrado na cultura galega moi recoñecido pola súa contribución ao participar en eventos moi senlleiros da nosa historia e tamén por fundar a editorial Galaxia e tamén ser un dos precursores dos inicios deste día tan importante. 

Nas aulas realizarónse os días previos obradoiros para facer camisetas personalizadas. Os alumnos e alumnas pintaron as súas propias camisetas coas imaxes e frases de Francisco Fernández del Riego, mostrando a súa creatividade e compromiso coa nosa cultura. As camisetas convertéronse nunha maneira divertida e colorida de expresar o seu amor pola lingua galega.

A modo de actividade central o centro organizou diversas actividades en honra a Francisco Fernández del Riego. Comezamos a festa coa tradicional muiñeira, unha danza típica galega que nos enche de alegría e enerxía. Os alumnos e alumnas bailaron ao son da música e despois cantamos o himno galego acompañados pola gaita que tocaba en riguroso directo o mestre Miguel. Todos levábamos posto as camisetas que elaboramos dentro das aulas. Foi un momento moi especial, pois lembramos a importancia de valorar e respectar a nosa lingua e os nosos símbolos.

Durante todo o día, repartíronse pegatinas cos inventos realizados por galegos e galegas ao longo da Historia, xa que lembrade que é os inventos son o PDI deste curso.

O Día das Letras Galegas nun centro escolar de Galicia é unha oportunidade única para valorar e promover a nosa lingua e a nosa literatura. A través de actividades como a muiñeira, o himno, as pegatinas e a creación de camisetas, os estudantes aprenden sobre a nosa cultura e senten orgullo de pertencer a Galicia. Celebrar este día é un recordatorio de que a nosa lingua é un tesouro que debemos amar e preservar.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)



page | by Dr. Radut