Skip to Content

Blogues

PROXECTO "EXPERTA": O CANCRO

E tocounos falar de enfermidades. E nombrouse o cancro. E acordamos que viñera unha experta. Podían ser persoas que tiveran relación co cancro. Recollimos todas as dúbidas que tiñamos. Queriamos preguntar para saber. E así viñeron Palmira(psicóloga de AECC), Alba(psicóloga) e Trini(nai de Lucas que superou un cancro de mama). 

Tamén estivo con nós Beatriz. Ela está tranquila. O día 2 vai a quirófano para operarse dun cancro de mama. Confía nos especialistas. A súa filla Sheila está algo nervosa. Quixemos darlles un abrazo grupal para transmitirlles moito ánimo.. Moita sorte!!

Recollimos esta semana o que aprendimos con esta experiencia. CLICA AQUÍ

LITERATURA INFANTIL:

 

CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO

Para os que queredes seguir aprendendo máis sobre o universo

clicade na páxina de STELLARIUM e instalade o programa no voso ordenador.

 

Cando acabamos de ver as estrelas, Suso, o técnico deulle a un botóne abríronse automáticamente todas as ventas. Era unha habitación circular. Dende alí vimos toda a Coruña: o mar, o porto…

En que zona caeron máis boliñas? As secuencias van de esquerda a dereita.

 

 

Posando despois de baixar as escaleiras.

O segundo pitiño pola esquerda naceu ás dez da mañán.

 

Observando na incubadora como nacen os pitiños.

 

Puzzle da Casa das Ciencias coas nenas e nenos de terceiro.

 

QUE APRENDIMOS?

As constelacións: a Osa Maior e Orión, o triángulo do verán (formado por Vega,Dení e Altair).

Unha constelación é un conxunto de estrelas que forman unha figura.

A estrela Polar non se move e indícanos sempre o norte.

No planetario o teito ten forma de esfera e alí, ás escuras, proxectaron milleiros de estrelas que se ven no firmamento.

Suso amosounos que estrelas e planetas íamos ver esa noite e ao amencer do día seguinte: Marte, Venus e Júpiter pola noite e Saturno no abrente.

Por onde nace o sol e por onde se oculta. A Terra ten catro puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste. O sol nace pola zona leste e ocúltase pola zona Oeste. Grazas a eso podemos orientarnos.

Falamos do equinoccio que significa equivalente. Quere decir que o día ten as mesmas horas que a noite. O 21 de setembro foi o equinoccio de outono.

O 21 de decembro será o solsticio de inverno, e ese día é o máis curto do ano porque o sol ten unha traxectoria máis curta.

Despois de sair do planetario experimentamos xogando sobre temas científicos: o movemento do péndulo (columpio), o nacemento dos seres vivos, as correntes mariñas. 

Ademáis de aprender, pasámolo moi ben.

OS REFUXIADOS SIRIOS

Este mural está cheo de reflexións da rapazada de 3ºB sobre o tema de Siria.

SETE RATOS CEGOS

Dramatización do conto SETE RATOS CEGOS conmemorando o día das personas maiores.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS MAIORES

Ensaiando con moito interese o conto Sete ratos cegos que hoxe imos representar na residencia da Milagrosa para celebrar con eles o seu día.

Distribuir contido


by Dr. Radut