POLA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Éstes son algúns dos traballos e actos de contribución á Non Violencia e a Paz:

Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro de Primaria fixeron un ABECEDARIO DE PAZ  e o resto do alumnado de Primaria investigou sobre os Premios Nobel da Paz: PERSONAXES DE PAZ .O día 30 formamos o símbolo da Paz no patio e cantamos a canción de Perales " Que canten os nenos "

 

NON HAI CAMIÑOS PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO (Mahatma Gandhi)

Que é a PAZ? Que significa non ter Paz?

Algúns recursos:

SADAKU & LAS MIL GRULLAS DE PAPEL

 

 

LIBRO LIM: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

 

 

 UNIDADE DIDÁCTICA DE ACNUR   Deseñada para afrontar as diferencias culturais e o exilio. Consta dun conto: " La pequeña Carlota", unha unidade didáctica e o conto en video.

 

RAP "SE BUSCAN VALIENTES"

O Langui rapea contra o acoso escolar.

 

BO NADAL

Os nenos e nenas de Educación Infantil ( 3 anos A ), gañaron o concurso de postais de Nadal.

Con esta chamada á felicidade, desexamos un merecido  descanso e Boas Festas a toda a Comunidade Educativa do Ceip Sagrado Corazón.

 

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

SAGRALEO, a nosa mascota, convídanos a que pidamos un libro aos Reis Magos. Deixounos estes títulos de guía. 

CONCURSO MASCOTA BIBLIOTECA

XA A ATOPAMOS!!!

Temos a imaxe e o nome que vai representar a biblioteca da nosa escola e que servirá de logotipo para os diferentes comunicados e actividades .

 XA TEMOS MASCOTA! CHÁMASE SAGRALEO e foi seleccionada entre unha multitude de criaturas fantásticas, todas elas ben bonitas, pero so demos convencido a Sagraleo para que fose a mascota da nosa biblioteca. Noraboa a Manuel Torres de segundo de primaria que encontrou as súas pegadas entre os andeis e....aquí a temos. 

Mira o video e atoparás a Sagraleo e a todas as mascotas seleccionadas.

Podedes ver os debuxos seleccionados no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/0B4pCES6YHWsCUzlrWFl5QmU4Uk0?usp=sharing

CALENDARIO ESTIÑO 16/17

Un curso máis, e xa temos  un novo calendario ESTIÑO, este ano moi doce, xa que está adicado ás LAMBETADAS. Ao noso centro tocoulle  ilustrar un gorro de cociñeira con cañas. Este ano foi escollido un debuxo de primeiro curso, pero cada un dos nenos e nenas, deron o mellor de si. Noraboa a todos.

SABEDES POR QUE O CALENDARIO SE CHAMA ESTIÑO?

Polos anos 70, un grupo de mestres e mestras de escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a  compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.

Na actualidade, o seu traballo pedagóxico  segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da cultura galega, ao seu valor e a súa pervivencia. 

Ademáis dos calendarios, os traballos dos distintos centros quedan plasmados na revista escolar Miuzallas.

Os calendarios póñense á venda e os cartos recaudados destínanse a financiar proxectos educativos en Nicaragua, a través da ONG lucense AXUNICA. http://www.axunica.org

Fonte de información: http://estinho.gal/nos 

http://colectivoestinho.blogspot.com.es/ 

Así quedou de bonito o calendario coa  colaboración do noso colexio e doutros da provincia.

 

Podes ver os debuxos seleccionados no seguinte enlace:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCaEhaM2Q0dXQ5YTQ

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso