SAGRALEO. A MIÑA VERDADEIRA HISTORIA

RESENTACIÓN DA MASCOTA DA BIBLIOTECA, SAGRALEO, A TRAVÉS DUN KAMISHIBAI INTERPRETADO POR NENOS E NENAS DE CUARTO DE PRIMARIA: ANXO, DAYLÍN, LUCÍA E SHANNA.

PINCHA NO ENLACE PARA VELO: https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCNlpzaEhXOU5JajA

MARUXA MALLO. OUR PORTRAITS

DÍA DAS ARTES GALEGAS. HOMENAXE A MARUXA MALLO.

ALUMNADO DA SECCIÓN BILINGÜE DE EDUCACIÓN PLÁSTICA 

PRIMAVERA DAS LETRAS E DAS ARTES

 

RESUMO DE ACTIVIDADES:

  • DÍA DA ÁRBORE E A AUGA: PRANTACIÓN DUNHA ÁRBORE E TRABALLO EN TITORIAS DE UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE O TEMA.
  • 2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL: CONCURSO ANDERSEN HOXE.
  • 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO: PRESENTACIÓN DA MASCOTA DA BIBLIOTECA EN KAMISHIBAI.
  • HOMENAXE Á PINTORA DE VIVEIRO MARUXA MALLO CON MOTIVO DO DÍA DAS ARTES GALEGAS.
  • CONTACONTOS.

RECURSOS LETRAS GALEGAS

CARTA DA RAG.

RECURSOS PARA A PRIMAVERA DAS LETRAS.

TODA A INFORMACIÓN NOS ENLACES:

http://primaveradasletras.gal/

http://primaveradasletras.gal/contadenos-o-voso-dia-das-letras/

 academia.gal

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano..

Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.

As actividades propostas están interrelacionadas con diversos contidos do currículo escolar para facilitar un enfoque globalizador e interdisciplinar e a súa utilidade en calquera momento; poderanse traballar na aula, por exemplo, contidos de literatura galega, expresión oral e escrita, aspectos relacionados coa natureza, a xeografía, a historia ou a educación artística e a creatividade.

Como novidade, nesta segunda edición de Primavera das Letras ponse en marcha o certame Contádenos o voso día das Letras, no que os centros educativos poderán explicarlle á Academia como celebran o 17 de maio.

Alén de Primavera das Letras, lembrámoslle que a web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.

 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO

 A princesa  deste conto quería ser escritora e loitou por conseguilo cada día e cada hora. Voa con ela entre letras, aprendeas de memoria, pasea polo seu castelo e soña con ela esta historia.

 

 Neste KAMISHIBAI DE MARIE CURIE   participaron Laura e Adrián de sexto B.

Fai clik no seguinte enlace para acceder:

 https://drive.google.com/file/d/0B4pCES6YHWsCV2xEZTFWUUlLY2c/view?usp=sharing

 

MURAL COLABORATIVO TODOS SOMOS ELAS

Cada alumno, cada alumna deixou a pegada da súa man cunha palabra que representa a muller. 

Enlace para ver máis fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/0B4pCES6YHWsCYWUwampBVmwzeDg?usp=sharing

 

 

 

PROXECTO ÁNGEL BOTELLO BARROS

 

 Proxecto artístico feito polos nenos e nenas de Segundo Curso de Primaria. A primeira parte son collages e a segunda, reproduccións de pinturas do autor.

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

24 de febreiro. Día de Rosalía

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

#RosaliaTe

Estas son as actividades propostas pola AELG para os centros de ensino:

Educación Infantil e Primaria

Para estas etapas de ensino o lema da proposta #RosalíaTe pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora,  e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra,  propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.
A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Agradecemos que nos comuniquedes (oficina@aelg.org) a vosa intención de participar desta iniciativa, para a facer constar na nosa web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

 

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades:

  •        Visualización no blogue Legolingua dun Kamishibai sobre Rosalía de Castro, representado  por alumnado do centro.
  •         Máscara de Rosalía de Castro.
  • Exposición de libros-homenaxe a Rosalía feitos por antiguos alumnos do noso colexio.
  • Exposición obras de Rosalía.

 

KAMISHIBAI sobre a vida e obra de Rosalía. 

Fonte:  Texto: HELENA VILLAR JANEIRO

Ilustración: ÁNXELES FERRER

Colección: TRES PITAS BRANCAS

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Voces de  YAINADARA e  DIEGO de sexto.

 Fai CLIK no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0B4pCES6YHWsCTmo1Y3NaSUhjckk/view?usp=sharing

QUE CANTEN OS NENOS. MANIFESTO POLA PAZ

 

No seguinte enlace podes ver o video do acto de Paz que fixemos no patio. Colocados formando o símbolo da Paz, os nenos e nenas de sexto leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos a canción de José Luis Perales, Que canten os nenos, versionada en galego.

https://drive.google.com/drive/folders/0B4pCES6YHWsCY3JVSmw3Z0w5WXc?usp=sharing

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso