BENVIDOS

Benvidos a este novo curso 2017-2018!

Como cada ano iremos colgando os traballos que vaiamos elaborando. Este curso o lema da Consellería para traballar dende as Bibliotecas Escolares  é:

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación  gráfica.

Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.

Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

FIN DE CURSO 16/17

Xa chegamos ao remate do curso e para que non esquezades os traballos que fixestes, podedes botarlle unha ollada a Legolingua.

Grazas a todos, profesorado e alumnado pola vosa colaboración. Parabéns a todos os nenos e nenas de sexto, que nos deixan, pero que empezan unha nova andaina. Moita sorte.

Boas e merecidas vacacións de parte do Equipo da Biblioteca.

ENTREGA DE PREMIOS: O MAIS "LEÓN"

Dentro do Proxecto LECTÓMETRO,os nenos e nenas que máis leron recibiron un diploma e unha chapa, O máis "león". Pero como todos leron moito recibiron un diploma por curso.

Neste enlace  podes ver as fotos:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCVmx6bDJDaTZGczQ

EXPOSICIÓN FIN DE CURSO 2017

Fai click no enlace para poder ver as fotos da exposición de traballos na BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES.

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCQ1d1ZGlaWHZnVkU

APRENDEMOS FACENDO

Os nenos e nenas de sexto fan os seus primeiros inventos coa física, a robótica e as enerxías alternativas. Podes acceder aos videos pinchando nos seguintes enlaces:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCUFNKbXZTMEduY3c

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCTURRSnZvUFJ2Yzg

PASA, PASA, VAI PASANDO

Estes contos en Kamishibai foron elaborados e contados polos nenos de 5 anos A en Valores. Podedes velos pinchando no seguintes enlaces:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCczdNeU9ZSUdZMmM

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCRVVNb09aRHBMX0k

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCQlRjcV9wbFpFMFU

COLABORACIÓNS

Xa podedes ver a colaboración do CEIP Sagrado Corazón e doutros moitos colexios,  na revista MIUZALLAS do Colectivo Pedagóxico ESTIÑO.

LETRAS GALEGAS 2017

Durante a semana das Letras Galegas  levamos a cabo diferentes actividades:

Sesión de Maxia para todos a cargo do Mago David.

Presentación dos seguintes Kamishibais:

  • CALVIN NON SABE VOAR feito e contado por nenos e nenas de Primeiro A.
  • O ELEFANTE E A GALIÑA dos nenos e nenas de Primeiro B.
  • CARLOS CASARES dos alumnos e alumnas de 4º.
  • A RATIÑA PRESUMIDA  dos máis pequechos, nenos e nenas de 3 anos.

Preme nos enlaces para poder ver os videos:

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCX0t4ZFFDRmptUjQ

 

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCRmV2WWNRRXNqZDA

 

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCODd2Rk0yeHg0eFU

 

https://drive.google.com/open?id=0B4pCES6YHWsCT1Zia19hU3JFTDA

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso