DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O venres, 22 de marzo, plantamos un bidueiro no xardín. Pensamos un nome por clase para a árbore e entre todos, escollemos un a sortes. Quedou bautizado como Bidi.Colgámoslle unha etiqueta co nome escollido e as súas características.

O alumnado de 6º de Primaria leu un manifesto ecoloxista sobre o Cambio Climático.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria recibiron a visita do escritor Toño Núñez. Compartiron con él uns bos momentos xogando e disfrutando da súa última obra, que previamente leran nas súas aulas: A Gotiña Viaxeira; tamén lles leu O soño de Ánxela. Por último gozaron das rimas cos nomes de cada un, coas que os agasallou.

Moitas grazas Toño Núñez!!, esperamos ver pronto o teu novo conto na nosa Biblioteca.

Preme nos enlaces para ver as fotos.

https://drive.google.com/drive/folders/1dBsUF4u-pl56a6HCL-ljsewR0Muy4W8b?usp=sharing

https://drive.google.com/drive/folders/1fz-F8BerazAgtMUz1CNRn2ooyIAfUIoY?usp=sharing

 

DÍA DA MULLER 2019

Despois de traballar o significado do 8 de marzo, día Internacional da muller, cada clase elabora un cartel que se expón no patio de xeito permanente, porque todos os días son para reivindicar a Igualdade entre homes e mulleres.

Fotos da exposición de carteis e libros:

https://drive.google.com/drive/

folders/1zrufHP7EmVXzZAf7TqkUbx2TeGP-4y21?usp=sharing

https://drive.google.com/drive/

folders/1aKRGcVHItDS9CNWZwC8Zr4rvvK-VQe3R?usp=sharing

ENTROIDO 2019

A celebración do Entroido deste curso vai unida ao Proxecto "A volta ao mundo". De tal xeito, nenos e nenas investigaron sobre a celebración desta festa ou doutras parecidas ao noso Entroido, que teñen lugar nos distintos paises aos que viaxamos ao longo deste proxecto: China, Ucrania, México, Portugal, Cuba, Georgia, Venezuela, Brasil, Marruecos. Elaboramos traxes típicos, máscaras, receitas, moedas, bandeiras, recolleron diversos obxectos que trouxeron das súas casas relacionados co seu pais de orixe...

Todo esto nos serviu para coñecer  a diversidade cultural doutros paises  e enriquecer a nosa.

Preme no enlace para ver as fotos da exposición na Biblioteca: https://drive.google.com/drive/folders/1Ieu-AKx1qEekKrg5I77Tlp7zGOiUNzKl?usp=sharing

NUTRICOLES

Os nenos e nenas de Educación Infantil contaron coa presenza dunha nutricionista que lles deu moitas ideas e consellos para alimentarse dun xeito adecuado e saudable. 

Algunhas das fotos podemos velas premendo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/

1W1JOcBYLZyQYEJqSiqyKvxhkY_OqZHxj?usp=sharing

 

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O DÍA DE ROSALÍA

Seguindo as propostas da AELG, elaboramos un mural por clase, para logo expoñer na Biblioteca,  co hagstag: #Libreomeupensamento_rdc_19, no que a través dun verso ou estrofa, Rosalía reflicte  a inxustiza social, o carácter feminista, o espolio, as violacións, o abuso laboral, o éxodo, os desafiuzamentos…

Algúns poemas de referencia: A xuxticia pola man, Estranxeira na súa patria

Para o alumnado de E. Infantil, 1º, 2º, 3º Díptico de Rosalía: Foto ou caricatura de Rosalía, versos dun poema e debuxo dunha rosa. Levarano para as súas casas como agasallo polo día de Rosalía

O alumnado de 4º, 5º e 6º elaborará unha rosa de papel co hagstag mencionado e un verso de Rosalía, para un compañeir@. (Amigo Invisible)

Acto conxunto no Salón de Actos o día 22 de febrero no que cada curso recitará un poema de Rosalía e cantaremos o poema musicado “Adiós ríos, adiós fontes.”

Materiais:

Kamishibai  “Rosalía de Castro” a disposición na Biblioteca e  no blogue Legolingua.

Libro Lim sobre a vida e obra de Rosalía: http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/

rosal_ia_de_castro.html

Documental RTVE: “Rosalía, feminista en la sombra” https://youtu.be/wmTeO-zjbag

Música: Narf-“ Nana de Zemanbiquo”,” Bos Amores”, “Libro disco “Tardes Escuras”, Amancio Prada cantando a Rosalía. (Podemos buscalo en Youtube).

 

PINCHA NO ENLACE PARA VER AS FOTOS DAS ACTIVIDADES

https://drive.google.com/drive/folders/

1NHOldDom4YRUaaMqplwnLO88cXdouhdO?usp=sharing

VIDEO RECITAL 

30 DE XANEIRO. POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O dia 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia logo de traballar, ao longo do curso, valores como tolerancia, respecto, igualdade, inclusión... para entender o significado deste día tan especial.

Os días previos, os máis pequen@s recortaron e colorearon  pombas con mensaxes de paz para decorar o colexio.

Os maiores leron o libro "Sadako e as mil grúas de papel" e fixeron grúas que representan a paz no mundo.

Seguindo co noso proxecto: "A Volta ao Mundo", fíxose un mural coas bandeiras do mundo, especialmente dos países dos nen@s que temos no colexio. 

O propio día , todo o colexio unido, cantamos e representamos a canción de Juanes:"Paz, Paz,Paz". E para rematar lemos o poema de Neira Vilas "Cantarela dos Nenos".

VIDEO IMAXES PARA A PAZ

Corto basado no libro Sadako e as mil grúas de papel de Eleanor Coerr

Pincha no enlace para ver fotos e videos sobre a Paz.

https://drive.google.com/drive/folders/

1DEgzmFqVmP7IomORQX76R54hyfv4BiDc?

usp=sharing

 

 

UN NADAL SEN FRONTEIRAS

A felicitación de Nadal deste ano nace do Concurso de Postais de Nadal e ten relación co proxecto  que estamos desenvolvendo neste curso: A volta ao mundo, no que aprendemos  arredor da inclusión  e da diversidade cultural.

Relacionado co proxecto, tivemos a oportunidade dunha Contacontos que nos engaiolou co Nadal polo mundo a través dunha viaxe por distintos paises. Coñecemos as distintas costumes, comidas,festexos e tradiccións.

Sagraleo, a mascota da biblioteca, recoméndanos algunhas lecturas para que o Papá Noel ou os Reis Magos nos fagan chegar algunhas. Así que xa pode ir saindo esa carta.

Que teñamos un BO NADAL!

 UN NADAL SEN FRONTEIRAS


 

VISITA DO CLUBE BALONCESTO BREOGÁN

Os xogadores Christian Díaz e Alec Brown e o adestrador axudante Pablo Abuín estiveron no noso centro.

Un auditorio cheo e con ducias de mans erguidas para facer preguntas aos xogadores, recibiu aos celestes, que micrófono en man, responderon cada dúbida e descubriron que entre os alumnos e mestres hai moitos habituais na grada do pazo.

Tras unha charla na que se falou, entre outros temas, da importancia do adestramento e traballo diario ou dos inicios dos xogadores no mundo do deporte, os visitantes asinaron autógrafos aos nenos e nenas  que o solicitaron e remataron a visita percorrendo as aulas de educación infantil para estar cos máis cativos.

AÚPA BREO!!!

Podedes ver as fotos no seguinte enlace:

 https://drive.google.com/drive/folders/1Gwb-G_smPak7zCRWG2ZFggASocnvQ_zO?usp=sharing

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Tratando de chegar a Ciencia aos nosos nenos e nenas, decidimos facer unha exposición de libros e películas na biblioteca relacionados con ese mundo, porque pensamos que unha sociedade ben informada e ben educada é difícil de manipular.

Por todo, recomendarvos que aproveitedes esta ocasión para botarlles unha ollada e levalos en préstamo.

Dentro do Proxecto: A volta ao mundo, os nenos e nenas de terceiro B fan a súa achega ao mundo da ciencia cun traballo de Investigación sobre os Inventos Chineses antigos e actuais.

No seguinte enlace podedes ver as fotos da exposición e os murais.

https://drive.google.com/drive/folders/

1WdvDTfHnimAiWhI3qJZnv1FV16doCgEB?usp=sharing

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso