ESTRENAMOS ROCÓDROMO EN LUGO

O alumnado de sexto curso de Primaria tivo a oportunidade de ser dos primeiros en visitar e participar na inauguración do Rocódromo na nosa cidade.

Mira as fotos no seguinte enlace:https://drive.google.com/drive/

folders/1OkcwNXEP6Jv4gQMB3v9df2jVj8JeTOHb?usp=sharing

 

 

 

 

CONCURSO DE LOGOS AMIGOS DO PLANETA

Concurso de logos para os petos das Patrullas Verdes encargadas do mantemento dos patios libres de lixo.

Enlace: 

https://drive.google.com/drive/folders/1FDrZfAKNM9e-c_ThqFvskuAnArJSmbgk?usp=sharing

ALMORZOS SAUDABLES

Recomendacións de alimentos saudables para as merendas dos recreos.

AMIGOS DO PLANETA

PROXECTO: “AMIGOS DO PLANETA"

Este é o título do Proxecto Documental Integrado (PDI), promovido pola Biblioteca Escolar e que desenvolveremos no centro durante o curso 2019/20.

OBXECTIVOS

  •  Sensibilizar aos alumnos e a toda a comunidade educativa en tarefas de conservación medioambiental. 
  •   Crear cidadáns máis competentes en todo o relacionado co mantemento e conservación da Natureza. 
  •   Realizar traballos ao longo do curso que iremos colgando no blogue.

SEMANA POLO CLIMA

 No seguinte enlace tedes as fotos dos carteis realizados ao longo desta semana e que colgamos no patio do colexio.

Enlace: https://drive.google.com/drive/folders/

1UKLYAqaFMARpYfkhxknt2NW52cGyxF6a?usp=sharing

VENRES PLANETARIOS

 Un venres ao mes, durante unha sesión, dedicarémolo ao visionado de documentais ou películas sobre a problemática actual do planeta. 

"Gloria cuida el medioambiente"

http://wwwyoutube .com

"Reducir, Reutilizar y Reciclar para mejorar el mundo"

Happy Learning Español. 

 

 

BENVIDOS AO CURSO 2019/2020

Ainda que tardamos un pouquiño en organizarnos, aquí estamos de volta cun novo reto na Biblioteca.

 Agardamos a vosa colaboración para que Legolingua bote a andar. Un dos primeiros traballos que ralizamos foi poñer en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS,  así como facer CARNÉS  para os novos usuarios.

Compramos  libros e revistas para cargar de sorpresas a mochila. 

Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/

1C4p55l_srsP9IiLLlXgEtzCfhrfmYzk5?usp=sharing

 

 

FIN DE CURSO

Un curso máis chega ao remate. O Equipo de Biblioteca  e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega agradecemos a colaboración de todo o alumnado e profesorado en todas e cada unha das propostas que achegamos. 

ENTREGA DE PREMIOS "O MAIS LEÓN".

 Dentro do proxecto Lectómetro, os nenos e nenas que máis leron recibiron diplomas e agasallos: axendas, marcapáxinas, libretas da biblioteca, chapas...Pero como tod@s leron moito, recibiron un diploma por curso.


 
PREMIO TRADESCOLA 
As alumnas de terceiro B Xiana Polín Castro e Noa Veiga Núñez de segundo B, foron finalistas no VII Certame de Debuxo de Instrumentos Tradicionais da Tradescola. Fixeron entrega dun lote de libros e CDs para a Biblioteca do colexio. Elas recibiron un diploma e unha mochila con libros. Parabéns para Xiana e Noa.
 
UN MUNDO DE RECEITAS
Dentro do Proxecto A volta ao Mundo, elaboramos un libro de receitas típicas dos países traballados. 

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
 


REVISTA O GOLPE 2019
 

LETRAS GALEGAS 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

PROPOSTAS

Co motivo da Semana das Letras Galegas que neste ano está adicado ao escritor ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS, o EDLG e o E. da Biblioteca, propoñemos as seguintes actividades:

E.INFANTIL

Debuxos sobre os distintos oficios tradicionais galegos: labreg@s, pescador@s, mariscador@s, ferreir@s, oleir@s, zoqueir@s, cesteir@s, afiador@s, tecelás, canteir@s…cunha referencia ao oficio e as ferramentas utilizadas.

1º-2º CURSO PRIMARIA

Traballos sobre o traxe rexional galego: as súas pezas cos seus nomes, para home e para muller. Posibilidade de facer un photocall.

3º CURSO

Recollida de cantigas, adiviñas, ditos, refráns… da nosa tradición oral, con debuxos alusivos.

4º CURSO

Investigación sobre Santuarios e Romarías de Lugo e a súa provincia…con debuxos alusivos.

5º CURSO

Mural cronolóxico dos principais escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas.

6º CURSO

Biografía e liña do tempo sobre Antón Fraguas Fraguas, autor homenaxeado neste ano.

SECCIÓN BILINGÜE

Traballo Plástico sobre Antón Fraguas.

OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS:

Durante a Semana das Letras Galegas, contaremos coa presenza dunha cesteira, dun Ferreiro, dunha oleira e dunha tecelá, que nos explicará o proceso de elaboración do liño.

 

RECOPILACIÓN DE TRABALLOS

TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

 SANTUARIOS E CANCIONEIROS 

 
 
 

 

SANTUARIOS DE GALIZA


 

LUGO MÁXICO

A semana do 6 ao 12 de maio celebrouse en Lugo a Semana da Maxia. No colexio tivemos  un mago excepcional que nos fixo pasar pasar unha hora máxica.

Fai click no enlace para ver as fotos.

https://drive.google.com/drive/

folders/13OO76xWL6ORovhITiFrDmQuvRUF7wCMx?usp=sharing

DÍA DO LIBRO 2019

 Na semana do 24, 25 e 26 de abril  o Equipo de Biblioteca propón as seguintes actividades:

Bibliopatio: Exposición de libros nos patios para que o alumnado poida ollar e ler durante o recreo.

Apadriñamentos lectoresOs nenos e nenas de 4º, 5º e 6º que desexen, apadriñarán un nen@ de Infantil ou Primeiro, aos que lles lerán un conto.

 Visita á Biblioteca Provincial: Os alumn@s de 2º, 4º e 5º farán unha visita guiada a dita biblioteca.

Taller de marcapáxinas: Concurso-exposición de marcapáxinas do seu libro favorito. Deseño e formato libre. Entrega na semana do 24 de abril. Haberá un premio por curso.

A volta ao mundo arredor dos libros: Actividade para 4º, 5º e 6º de Primaria relacionado co proxecto da biblioteca: A volta ao mundo. Teremos un mapamundi na biblioteca, onde os nen@s deixarán unha reseña no país que apareza nalgunha das lecturas destes días. Pode referirse ao país onde transcorre a acción, o país do nacemento do autor@, nacionalidade dos personaxes…

Visita escritores: Contaremos coa visita dalgún escritor@durante estas datas.

 VIDEO APADRIÑAMENTOS LECTORES E BIBLIOPATIO

FAICLIK NOS ENLACES PARA VER AS FOTOS

APADRIÑAMENTOS LECTORES E BIBLIOPATIO

https://drive.google.com/drive/folders/

1g8kiPACrsVrXcr6kLQ4sgJpL2Z5X6myi?usp=sharing

MARCAPÁXINAS

https://drive.google.com/drive/folders/1T_0gUEg6E-H5ud-3vNUcbe1R6qOqMvdF?usp=sharing

 VISITA DA ESCRITORA MARÍA REIMÓNDEZ

O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria tivo ocasión de disfrutar do coloquio sobre a obra, O xeito das froitas, coa súa autora.

Grazas María Reimóndez.

FOTOS:

https://drive.google.com/drive/

folders/1sxrawvfHvxY393hsa3Pd3kMAjKhmKGBe?usp=sharing

VISITA BIBLIOTECA PROVINCIAL.

FOTOS:

 https://drive.google.com/drive/folders/

127Fo3s264ItBuXPcVyfsA5YIdSImPRfm?usp=sharing

UN PERCORRIDO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso