Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Novas, Funcionamiento, Claustro, Consello escolar, Calendario escolar, Datos Xerais, Equipo directivo, CCP, Equipos, Avaliacións, Documentos do centro, Titorias
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
loli — Xov, 01/08/2019 - 12:15
Publicada a listaxe definitiva do alumnado de educación primaria que ten dereito ao fondo de libros de texto.
Consultar o Anexo.
As familias do alumnado que non recolleron os vales de axudas para libros de texto e/ou material escolar poderán recollelos a partir do día 2 de setembro na secretaría do centro.
Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros.
loli — Dom, 30/06/2019 - 19:47
PRAZO DE PRESENTACIÓN (21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)
ORDE DO 3 DE MAIO DE 2019 (DOG 20 de maio).
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 2019/ 20 (VER ANEXOS)
LISTAXE DE ALUMNOS/AS PERÍODO DE ADAPTACIÓN (VER ANEXOS)
Día de libre disposición do centro educativo
loli — Xov, 16/05/2019 - 09:57
O vindeiro luns, 20 de maio, non haberá clases ao ser este día o escollido polos centros públicos de primaria de Lugo como de libre disposición.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
loli — Lun, 25/02/2019 - 22:20
PREGÚNTANOS! Admisión 2019/ 2020
INICIO CURSO ESCOLAR 2018/19
loli — Xov, 06/09/2018 - 13:45
Alumnado de 5º e 6º de E. Infantil e E. Primaria: As clases comezarán o 12 de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Alumnado de 3 anos: período de adaptación. (ver ANEXOS)
ENTRADAS E SAÍDAS
1º, 2º e 3º de E. Primaria: Entrarán pola porta dianteira principal de Rúa Cambria.
4º , 5º e 6º de E. Primaria: Entrada pola parte de atrás do edificio principal, porta de Marina Española
SERVIZOS DO CENTRO
Como todos os anos, o centro dispón de servizo de comedor (almorzo e xantar). Pódese facer uso do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O centro oferta actividades extraescolares gratuitas subvencionadas polo Concello de Lugo e actividades non gratuitas organizadas pola ANPA.
As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e realizaranse en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres. Informaramos do horario de cada actividade.
INFORMACION XERAL DO CENTRO
As circulares informativas serán enviadas ás familias a través dos seus correos electrónicos ou da plataforma da Xunta de Galicia Abalar/Móbil. Se non o teñen, serán enviadas en papel.
As familias poden facer calquer consulta á dirección do noso correo electrónico: ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
A NOSA PÁXINA WEB: Será un medio de información xeral do centro sobre novidades, actividades, informacións...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosalialugo
FACEBOOK: Publicaremos no noso novo Facebook novas actuais do centro relativas, fundamentalmente, a saídas escolares, festivais, actividades culturais e lúdicas, etc. Tamén na páxina da nosa Biblioteca están recollidas aquelas actividades que teñen relación co proxecto documental do centro e todas aquelas que teñan que ver co fomento da lectura.
TELÉFONOS: Calquer consulta, dúbida ou aclaración pódese facer a través dos seguintes teléfonos:
Centralita: 982870390
Dirección: 982870391
Orientación 982870392
Infantil 982870394
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
loli — Lun, 14/11/2016 - 10:30
AVISOS
CALENDARIO DEFINITIVO DE ACTUACIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Para calquera dúbida ou información poden consultar nesta páxina no apartado de secretaría en Renovación parcial do Consello Escolar, no taboleiro da entrada pegado á biblioteca, ou no propio Centro.
Poden ver todo o relativo á normativa referida ao nomeamento e constitución dos Consellos Escolares no seguinte enlace..
DECRETO 92/88 do 28 de abril. (DOG 29/04/88)
ART. 34, 35, 36 e 37, relativos ao profesorado.
ART. 38, 39, 40 e 41, relativos aos pais/nais ou titores legales do alumnado do centro educativo.
AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
loli — Lun, 02/05/2016 - 09:37
Achégase por este medio información de interese para as familias sobre a avaliación final de educación primaria. Esta información tamén está dispoñible no seguinte enlace do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Enlace
Carta_familias_avaliacion_final_EP.pdf
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8