Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
loli — Mér, 15/02/2017 - 21:37
Como noutras ocasións o noso centro volveu colaborar coa ONG "Save The Children", neste caso a través dunha CARREIRA SOLIDARIA. Moito máis que unha actividade deportiva, a carreira Quiilómetros de Solidariedade permite traballar na defensa e promoción dos Dereitos da Infancia.
Os alumnos e alumnas do noso centro deron o mellor de sí mesmos e, pasiño a pasiño, cada un o seu rítmo, foron chegando á meta para axudar a quen máis o necesita. Grazas ao seu esforzo e á colaboración dos familiares, a cantidade recadada foi de 1834 €.
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN