Benvidos e benvidas

Esta é a páxina do CEIP Rosalía de Castro , de Bóveda.

 
 
TELÉFONO  982-87-00-95
   ENDEREZO POSTAL Casas Novas s/n,27340 Bóveda
 Email ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.es
 ____________________________________________________________________

NOTA : Os contidos que figuran nesta páxina non buscan ningunha intencionalidade máis que a difusión da Comunidade Educativa na que foron elaborados. Se calquera persoa ou institución se vise prexudicada pola publicación ou exhibición destes contidos, pregamos se poña en contacto co noso centro na dirección de email anteriormente citada.

ORGANIGRAMA DO CENTRO

COLLEITA DO NOSO HORTO

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

MANUAL DE USO ABALARMÓBIL

 

 

advertencia O próximo día 5 de outubro sobre as 15:15 ata as 16.15 horas teremos un obradoiro no centro aberto a aquelas familias que teñan dúbidas sobre a instalación e uso da aplicación.  Non vos preocupedes se non podedes asistir, na dirección do centro podedes solicitar axuda cando precisedes. 

TODA A DOCUMENTACIÓN E AVISOS DO CENTRO SERÁN ENVIADOS VÍA ABALARMÓBIL.

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

Frutas Saludable GIF - Frutas Saludable Bailar - Discover & Share GIFs

REUNIÓNS FAMILIAS SETEMBRO 2023

INICIO DE CURSO 2023/2024

Recordade que o horario do noso centro en setembro e xuño é o seguinte:

-Horario do alumnado: de 10.00 h a 14.35 h.

-Horario do alumnado usuario de comedor: de 10.00 h a 15.05 h

O servizo de transporte e comedor escolar funcionará con normalidade dende o primeiro día.

Segundo a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. O calendario escolar para o presente curso é o seguinte:

Nos próximos días publicaremos as datas das reunións de principio de curso dos respectivxs titorxs de cada grupo.

ESTADE ATENTOS Á WEB!

advertencia

 

Family Pencil GIF - Family Pencil - Discover & Share GIFs

RECOLLIDA VALES PENDENTES

Aquelas familias que non puideron recoller os vales para adquisición de libros de texto e material escolar, poderán facelo a partir do 4 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 no centro. 

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-2024

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FACER USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

Nos seguintes documentos adxuntos tedes toda a documentanción necesaria para facer a solicitude de uso do servizo. 

Podedes recoller os impresos no centro ou ben, descargalos directamente dende o presente anuncio. Ditos impresos, deberán entregarse no centro durante a primeira semana de setembro. 

Para facilitarvos o cáculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, na páxina web da Consellería incorporouse unha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar. O acceso a dito recurso está dispoñible no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp 

 

 

 

 

Distribuir contido