Escolares

CHARLA INFORMATIVA SOGAMA

O pasado día 7 acudiu ao noso centro unha traballadora da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) para impartirnos unha formación en materia de separación de residuos. 

Tamén nos explicou como funciona o complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña) no cal se centraliza o tratamento dos residuos urbanos producidos por máis de 295 concellos. Ensinounos para que sirven cada unha das súas instalacións e cal é o seu funcionamento.

 

  

 

Explicounos a regra das 3R: Reducir, reusar e reutilizar e a súa importancia para frenar a contaminación do noso planeta.

 

E, tamén, os residuos que van en cada colector.

 

 

Para finalizar, regalounos a cada un de nós un lapis infinito, que non temos que afiar!

CREAMOS O NOSO "PETE THE CAT"

Na materia de Art e coa axuda da auxiliar de conversa o alumnado do 1º e 2º ciclo de educación primaria estivo a traballar a canción "Pete the cat" baseada no conto de Eric Litwin.

 

Mestren realizamos moitas das nosas creacións escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación. Unha das súas favoritas é esta:

WhiteBoard Entertainment Studios

 

Mirade dque bonitos quedaron os nosos "Pete the cats"

  

     

         

SEMENTADO E RECOLECCIÓN

Seguimos a traballar no noso horto escolar. Estamos aproveitando a chegada do bo tempo e da primavera para seguir cos labores propias deste tempo: sementado e recolleita.

O alumnado de Infantil púxose as botiñas de auga para entrar á horta. O alumnado de 5º e 6º estivo a axudalos.

  

  


 

Unha vez estivemos listxs, estivemos a recoller amorodos e a plantar millo branco, axudadxs polos nosos mestres.

  

 

O alumnado de 5º e 6º estivo a plantar tamén, millo branco e patacas.

  

  

  

 

Tamén, estivemos a colocar os carteis que elaboramos en Proxecto Competencial sobre os diferentes produtos que plantamos.

  

   

 

Queremos agradecer a colaboración da familia de Triana que nos axudou a labrar o horto para poder sementar. Moitas grazas!!

Unha xornada moi enriquecedora! Aprendemos a través do noso entorno!

DESPEDIDAS NO MES DE MAIO

O mes de maio foi un mes de dúas despedidas moi importantes para nós. A primeira delas, foi a de Noa, alumna de prácticas da carreira de Educación Infantil, que estivo no noso cole dende principios de febreiro colaborando coa mestra Noelia.

  

 

Aproveitamos un momentiño antes do xantar para darlle un detalle de recordo e agradacerlle a súa labor con aplausos e abrazos!

A segunda despedida do mes foi a de Parveen, a nosa auxiliar de conversa, que axuda as "teachers" nas materias de Lingua Inglesa e Art. Parveen regresa ao seu país á India, logo de estar con nós dende o pasado mes de outubro. Tamén, lle fixemos unha despedida na biblioteca e lle regalamos un libriño cheo de debuxos realizados por nós.

 

 

A súa última sesión de Art, impartiuna ela, e elaborou unha manualidade sobre a canción Pete the cat, que tanto lle gusta ao noso alumnado.

  

 

Esperamos que todos os vosos desexos se fagan realidade! Xa sabedes que este sempre será o voso cole!

 

LAPIS 3D

O pasado mes xs profes do centro estivemos a realizar unha formación sobre Polos Creativos, espacios educativos innovadores cun deseño modular e innovador, dotados de equipación especializada, que ocupan espacios físicos definidos nos centros educativos.    

  

       

Solicitamos ao noso centro de recursos de refrencia uns lapis 3D de préstamos, que estiveron no noso centro uns días. Este dispositivo permite crear figuras en tres dimensións. 

Aquí vos deixamos algunhas fotografías das actividades realizadas. Elaboramos pequenas figuriñas en diversas cores e marcapáxinas.       

    

 

CAMPAÑA SOLIDARIA: XABÓN NATURAL

Como xa sabedes, este curso queremos seguir colaborando coa iniciativa da ONG "Hospitaleros sin fronteras" na recollida de fondos solidarios para axudar á escolarización e mellora das condicións de vida dxs nenxs talibé do Senegal.

 

Neste caso, realizamos un obradoiro de xabón natural que ofrecemos a toda a comunidade educativa a cambio dun donativo.

Logo de deixar secar o xabón, o alumnado de 3º e 4º foi o encargado de cortalo en pequenos trozos de igual tamaño.

  

 

O alumnado de 1º e 2º de primaria realizou as etiquetas informativas para poñer nos xabóns.

  

 

Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º de primaria axudou ao de Infantil a empaquetar o xabón empregando os xornais que chegan ao centro a diario, reutilizando deste modo estes materiais.

  

  

 

Na materia de Proxecto Competencial de 5º e 6º e axudados polas ideas proporcionadas polo alumnado de 1º e 2º de primaria, elaboraron empregando Canva, aplicación online de deseño gráfico, o tríptico informtivo que vos presentamos a continuación. 

 

 

 

Todo o excedente de xabón que non consigamos vender irá destinado ao mercadiño solidario que a ONG organiza o día 1 de xuño en Sarria co fin de obter máis fondos para esta iniciativa tan necesaria. 

 

XABÓN SOLIDARIO CON "X" DE XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!!

 

 

REUNIÓN COMITÉ AGROGANDEIRO

Coa chegada do bo tempo é necesario planificar o proceso de sementado dos cultivos do horto escolar.

 

 

Por dita razón, no tempo de lecer de despois do xantar, aquel alumnado que se ofreceu voluntario para participar en dita iniciativa reúnese periodicamente no xa coñecido por todxs como Comité agrogandeiro. Nesta sesión, estivéronse a decicir cales serán os cultivos a poñer no horto e a súa distribución.

 

Andrea, ao ser a maior do alumnado presente, fixo de secretaría e cubriu a acta correspondente aos acordos establecidos.

  

 

Así, quedou a distribución ideada dos cultivos.

 

Dende este organismo, queremos agradecer tamén a colaboración das familias que se prestaron voluntarias para poñer o noso horto ao día!

RECOLLIDA DE AMORODOS

Aproveitando que na área de Ciencias da Natureza de 1º e 2º de primaria estamos a coñecer o reino vexetal, baixamos a zona verde do noso patio a recoller os amorodos das nosas plantas.

 

  

 

O máis interesante foi observar unha planta de amorodo. Estivemos a repasar as súas partes (raíces, talo, follas, flores e froito).

 

Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!

 

PLAN DIRECTOR

O martes tivemos no noso centro a Ramón, membro da Garda Civil, experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. Viu a darlle unha charla aos alumnxs de 5º e 6º de primaria, a través do Plan Director. 

 

Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado, centrándose na adicción aos videoxogos, entretemento que forma parte do día a día da maioría delxs. 

 

 

Falounos de moitos xogos online como por exemplo Clash Royale, Fornite... e de como as grandes empresas de desenvolvemento de videoxogos empregan as recompensas para crear adicción a este tipo de entretemento.

 

 

Por último, Ramón, tamén nos deu consellos de ciberseguridade nas aplicacións. Esperamos que esta sesión formativa sirva para concienciarnos dos riscos que conlevan este tipo de xogos.

 

MOITAS GRAZAS! FOI MOI INTERESANTE!

 

 

PROCESO DE INCUBACIÓN

Estamos fascinadxs co proceso de incubación que estamos levando a cabo no noso cole! Como xa sabedes, a incubación é o desenvolvemento embrionario dos poliños.

Non é un proceso tan doado como pensabamos, xa que necesita unhas condicións de temperatura e humidade bastante precisas.

 

Cada dous ou tres días unha aula é a encargada de visualizar mediante o "ovoscopio" como están os embrións. Se seguen a ter movemento, se están medrando...Todo o proceso vai quedando rexistrado no calendario/mural que elaboramos cando puxemos a incubadora en funcionamento.

  

 

 

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º de primaria o encargado de visualizar e rexistrar todo.

 

 

 

Distribuir contido