PLAN DIRECTOR

O martes tivemos no noso centro a Ramón, membro da Garda Civil, experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. Viu a darlle unha charla aos alumnxs de 5º e 6º de primaria, a través do Plan Director. 

 

Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado, centrándose na adicción aos videoxogos, entretemento que forma parte do día a día da maioría delxs. 

 

 

Falounos de moitos xogos online como por exemplo Clash Royale, Fornite... e de como as grandes empresas de desenvolvemento de videoxogos empregan as recompensas para crear adicción a este tipo de entretemento.

 

 

Por último, Ramón, tamén nos deu consellos de ciberseguridade nas aplicacións. Esperamos que esta sesión formativa sirva para concienciarnos dos riscos que conlevan este tipo de xogos.

 

MOITAS GRAZAS! FOI MOI INTERESANTE!

 

 

PROCESO DE INCUBACIÓN

Estamos fascinadxs co proceso de incubación que estamos levando a cabo no noso cole! Como xa sabedes, a incubación é o desenvolvemento embrionario dos poliños.

Non é un proceso tan doado como pensabamos, xa que necesita unhas condicións de temperatura e humidade bastante precisas.

 

Cada dous ou tres días unha aula é a encargada de visualizar mediante o "ovoscopio" como están os embrións. Se seguen a ter movemento, se están medrando...Todo o proceso vai quedando rexistrado no calendario/mural que elaboramos cando puxemos a incubadora en funcionamento.

  

 

 

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º de primaria o encargado de visualizar e rexistrar todo.

 

 

 

A VIAXE DE ROSALÍA

O pasado martes acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a participar no espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" da Compañía Larraitz Producións Artísticas.

Esta actividade foi organizada pola ANPA dentro das solicitadas á Deputación de Lugo.

  

 

Neste espectáculo relátase a historia de Francisca Do Campo, madriña de Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criar á escritora e quen compartiu parte das dúas vivencias. Por dita razón, compartiu con nós a traxectoria vital e artística da nosa querida Rosalía.

 

 

CELEBRAMOS O MAIO

Dende fai moitos os anos, xs galegxs celebran a chegada da primavera e o final do frío inverno cunha festividade coñecida como "Os Maios". Construen figuras con elementos naturais, tales como: musgo, fiúncho, xestas... para á obteción de boas colleitas.

 

 

Ao redor desas construcións cántase con acompañamento de percusión, normalmente con paus, coplas ou cancións irónicas e críticas sobre feitos ou personaxes de actualidade.

As construcións máis típicas son as de forma cónica ou piramidal, realizadas con armazóns de canas e recubertas con plantas, pero tamén existen figuras máis artísticas que representan monumentos ou actividades da vida cotiá.

  

 

Pois nós, non queriamos quedar sen celebrar esta festividade folclórica da nosa tradición e, por dito motivo, dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega planificouse dita actividade.

Comezamos ideando o diseño do noso Maio e preparando todo o material necesario para realizar unha estrutura firme e consistente.

  

  

 

 

Nas aulas traballamos esta tradición e practicamos a seguinte canción para cantar e bailar arredor do noso Maio, titulada Maio, Maíño do disco de 13 Lúas

Recuperada de: https://www.youtube.com/watch?v=8-lbk258ENk

 

Pouco a pouco fomos colocando todas as plantas que trouxemos ao cole. Había tantas que non nos fixo falta saír a buscar máis! Primerio fomos poñendo as xestas e fentos e, por último, colocamos as flores.

Quedou moi bonito!!!

 

Cando xa o rematamos, bailamos e cantamos arredor del para celebrar a chegada da primavera.

 


 

Queremos darvos as gracias a todas as familias que colaborastedes coa recollida de plantas e tamén, ao Obradoiro do Concello que nos trouxo moitas xestas para facer posible a construción!

 

 

SEMIFINAL ECOPREGUNTOIRO

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso estiveron a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 

 

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

 

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

 

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

 Como xa vos informamos, a segunda victoria levounos á semifinal contra un CEIP ourensán o mércores 24 de abril. Aínda que o fixemos moi ben, non logramos pasar á final. Pero a recompensa de chegar ata aquí xa foi un premio!!

Premendo aquí podedes escoitar a participación do noso alumnado no programa radiofónico.

Este gran esforzo e implicación dos participantes, que lle dedicaron moitas horas extra a todos estes contidos, ademais de todo o traballo diario da aula fixo posible chegar tan lexos!

Deixámosvos a entrada no xornal La Voz de Galicia que se fixo eco dos seus logros:

 

 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE VÓS!!!

 

 

EARTH DAY

Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria estivo facendo actividades sobre o Día da Terra (Earth Day) celebrado o día 22 de abril.

  

 

Realizaron a súa propia corona conmemorativa mentres aprendemos conceptos en inglés relacionados co coidado do noso planeta.

A continuación, realizaron un actividade de Color by code para repasar as cores e interiorizar conceptos.

  

 

Quedaron estupendas!!!

 

 

POSTA EN MARCHA DA NOSA INCUBADORA

O pasado martes, durante a hora de ler puxémos en marcha a nosa propia incubadora de ovos, proxecto enmarcado dentro das actividades do noso galiñeiro escolar.

 

 

Primeiro, explicamos todo o proceso de incubación e os pasos necesarios para poñer en funcionamento dito dispositivo.

  

 

Fixemos un calendario en formato mural onde iremos anotando as diferentes fases do proceso.

 

Iremos observando día a día a súa evolución mediante o "ovoscopio" que ten a incubadora.

  

 

Ademais, o alumnado de Educación Infantil estalle facendo sombra as nosas pitiñas coa axuda de xestas, entrelazándoas con moita precaución na tea metálica do mesmo. Deste xeito, terán refuxio á sombra cando chegue o bo tempo.

  

 

 

NOVA CASIÑA NA ZONA VERDE

Xa temos instalada a nosa nova casiña na zona verde do noso patio. Quedou estupenda!!

 

 

Queremos agradecerlle á ANPA a colaboración prestada e ao Concello a realización da base de formigón para a súa instalación.

 

MOITAS GRAZAS!!!

 

SEMANA DO LIBRO 2024

O 23 de abril conmemórase do Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Esta celebración foi establecida pola UNESCO en 1995, debido a que arredor desta data, faleceron tres grandes representates da literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso De la Vega.  

Miguel de Cervantes - Wikipedia, la enciclopedia libre   William Shakespeare - Libros del Zorro Rojo   Garcilaso de la Vega, el poeta-soldado que fue hombre de confianza de  Carlos V

 

O obxectivo principal deste día é fomentar a lectura entre todos os públicos. Ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente. 

Coa finalidade de potenciar o gusto e interese pola lectura no noso alumnado, levamos a cabo diversas actividades de dinamización. 

Comezamos a semana poñendo en funcionamento as nosas bolsas viaxeiras. Unhas mochila chea de libros que viaxarán de casa en casa de cada un de nós durante unha semana, co fin de vivir unha experencia apaixonante coa lectura. Cada aula levou a súa, adaptada as súas idades e baseadas nos intereses de cada grupo.

  

 

Realizamos unha pequena explicación na biblioteca de maneira grupal e, alí mesmo, foron entregadas as bolsiñas aos primeirxs afortunadxs!

  

 

Ler é unha aventura incríble, pero ler acompañadxs da nosa familia é algo máxico! 

O martes, acudimos ao Centro Sociocultural a un contacontos organizado polo Concello con Ana Meilán, autora lucense de numeros contos tales como: 

Familiando   Lágrimas bajo la cama   8Patas

 

  

 

Ao alumnado de Infantl contoulles o conto titulado "Quen vén esta noite?", co cal descubrimos porque o Ratiño Pérez, cando recolle o dente caído, ás veces dexa moedas, outras contos e outras veces xoguetes; e ao de Primaria "Un universo en tu maleta" que relata a posibilidade de viaxar a mundos marabillosos a través da lectura. 

Quién viene esta noche   Un universo en tu maleta

 

  

 

Tamén, aproveitamos para facernos con varios exemplares da autora e podelos incluír na nosa biblioteca. Ademais, Ana, tamén nos agasallou con varios exemplares, con marcapáxinas e postais coas portadas dos seus libros. Moitas grazas!!

  


 

Ao rematar a sesión de contacontos, a Biblioteca Pública de Bóveda ofreceu ao alumnado libros procedentes do expurgo para levar as súas casas de forma permanente. Moitas grazas, por esta interesante iniciativa! Todxs nos fomos moi ilusionados cun libriño novo para a nosa casa! Ademais, tivemos que escribir nun mural cooperativo o que significaba a lectura para nós! Mirade...

  


  

 

Por último, para finalizar a Semana do Libro fixemos o noso "Mercadiño de libros". O alumnado que así o quixo, trouxo libros da súa casa que xa non empregaba. Cada exemplar entregado era canxeado por un billete de Rosalía. O día do mercadiño podían cambiar os libros por billetes ou, cederllos aos seus compañeiros.

 

 

  

  

 

 

FELIZ SEMANA DO LIBRO!

"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito" Miguel de Cervantes Saavedra. 

Dribbble - dialibro-3.gif by Carlos López

VISITA: O RINCÓN DE LEONARDO

O pasado día 12 de abril, viñeron a visitarnos Javier, mestre de tecnoloxía do Colexio Escolapios de Monforte acompañado de catro alumnas: Sofía, Natalia, Julia e Xandra. Ademais, tamén estivo con eles Camilo, mestre en prácticas e veciño do noso Concello.

  

 

Acudiron a noso cole para darnos a coñecer o fascinante proxecto que están levando a cabo dende hai uns cursos denominado "El Rincón de Leonardo" clicando aquí, poderedes acceder a súa web para informarvos un pouquiño máis sobre esta interesante iniciativa.

 

 

"Un proxecto que busca potencias os valores humanos a través da creatividade e a reflexión, co obxectivo de que todxs nos sintamos mellor construíndo unha alternativa a mundo tóxico que moitas veces rodea aos adolescentes. Traballando a súa saúde emocional".

 

A esta actividade acudiron os alumnos de 6º curso de primaria e Javier e as súas alumnas faláronlle de moitos dos problemas que xurden a diario nas aulas de secundaria. Transmitíronlle a idea de que somos seres únicos e especiais e que ninguén debe dicirnos como debemos ser. Para elas, "El Rincón de Leonardo" é un lugar onde se sinten seguras e felices.

Esta iniciativa, xurdiu dende o Departamento de Convivencia do centro co fin de dinamizar as relacións positivas entre iguais e, vivenciar dalgún xeito o seu futuro inmediato no instituto.

 

 

Pasamos un ratiño moi divertido! Gustounos moito ensinarvos o noso cole e escoitar a emoción que sentides ao formar parte deste proxecto tan interesante e necesario.

 

 

Moitas grazas a Javier, pola túa implicación dentro e fóra das aulas. Estamos seguros de que este é o inicio dunha aventura apaixoante!!!

 

Todxs deixaron a súa pegada no libro de firmas da nosa biblio.

  

  

 

 

Esperamos tervos de volta pronto!!!

 

Thanks Galego Sticker by AiFalaches

 

Distribuir contido