Skip to Content

PROXECTA 2019-2020

MEMORIA: OS FERREIROS DE RIOTORTO, ANTERGOS PARA NON ESQUECER!

PRESENTACIÓN DA MEMORIA 

 

 

 

 

PLAN PROXECTA: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE. 2019-2020

 

Os ferreiros de Riotorto, antergos para non esquecer

 

Neste curso, os alumnos e alumnas do Ceip de Riotorto cambiamos a sección á hora de facer o proxecto do colexio.

Decidimos deixar o Aliméntate ben, ao que o curso pasado lle dedicamos moito tempo e foi o berce de momentos inesquecibles que se materializaron grazas ás distintas actividades ideadas e postas en práctica, polos mestres e mestras do centro, e comezamos unha nova andaina, nunha nova sección que se axeitaba perfecta para dar unha homenaxe aos nosos veciños e veciñas, os ferreiros de Riotorto.

O cambio de sección e, decidirnos por, Paisaxe e sustentabilidade, foi porque dende esta vimos o ceo aberto para preocuparnos pola nosa contorna e estudar a que se dedicaron e se dedican moitos dos nosos veciños e, por suposto, moitas das nosas veciñas xa que detrás dun gran ferreiro, acóchase unha incondicional compañeira que coopera na realización de certas tarefas á hora de seguir o proceso de creación de distintas ferramentas, como xa puidemos comprobar coa visita ás forxas.

Ao igual que no curso pasado, comezamos o proxecto facendo as tan acostumadas preguntas no comedor escolar, que é o momento no que se atopan todos e todas os nenos e nenas reunidos e reunidas, agás dúas alumnas que non son usuarias de comedor escolar, e da xogo para falarmos todos e todas xuntos e xuntas sen descoidar os tan apretados contidos, que ao final marcan significativamento o ensino.

Lánzanse as seguintes preguntas:

Sabedes por que se celebra a Feira do Ferrreiros tódolos anos aquí en Riotorto?

Sabedes que son os ferreiros?

Quedará en activo algún ferreiro ou ferreira no noso concello?

Alguén ten familiares que foran ou sexan ferreiros ou ferreiras na actualidade?

Que influencia tiveron os ferreiros e ferreiras no concello?

Credes que é ou foi unha actividade importante para o noso concello?

Por certo, credes qu é ou foi un oficio no que existían moitas mulleres?

Así comezou a choiva de preguntas que se dirixiron aos nenos e nenas de Riotorto, para dar nacemento ao noso proxecto deste curso 2019-2020, cheo de ilusión e motivación por tratar dun tema moi próximo ao entorno, e, ao mesmo tempo, unha temática tan querida polos nosos veciños e veciñas, por converterse nunha sina de identidade do noso Concello.

O inicio do noso proxecto pasou por preguntar nas familias en que consistía o ofico de ferreiros, que tipo de apeiros ou utensilios fabricaban, e por suposto, que materiais empregaban para facelo, e de que xeito, este oficio influiría na contorna próxima.

O traballo fíxose a través de distintos grupos ou temáticas, deste xeito fíxose un reparto do mesmo.

Uns terían que investigar a través das redes sociais, outros a través da investigación con preguntas a familiares, veciños, consulta de libros...pero todos eles, terían que ser quen de explicar en que consiste o traballo de ferreiros.

Outros terían que estudar a incidencia deste traballo no entorno, a evolución do oficio co paso do tempo ata chegar a situación actual.

Outros tratarían de converterse en xornalistas e terían que crear unha entrevista e materializala con algún ferreiro do Concello.

Outros investigarían se este tipo de traballo é típico da nosa zona, ou constitúe un verdadeiro oficio espallado polo mundo a piques de desaparecer.

Outros levarían o traballo de investigacción á ficción, inventando unha bonita historia para o persoeiro que saira elixido a votación, como é constume no noso proxecto, o que se convertiría non so no protagonista da narración senón tamén non conto do Kamishibai.

Dicir, que todos estes fermosos propósitos víronse truncados polo COVID-19, que levou a decretar o Estado de Alarma e con el, o estado de confinamento nas nosas casas, polo que deste xeito en marzo, chegaría o remate das nosas actividades no centro do Proxecta, téndonos que reinventar para dalgún xeito, seguir a traballar un pouquiño dende a distancia no noso proxecto.

Moitas das actividades que tiñamos pensado facer, non nos daría tempo, pero dicir que outras si, de aí que esteamos a redactar a memoria do noso traballo, pois non queremos deixar no olvido o que si que se fixo.

Os obxectivos inicialmente marcados por mestres e mestras para o presente proxecto foron:

 

  • Ser quen de recoñecer o oficio de ferreiro.
  • Valorar o oficio de ferreiro e darlle o recoñecemento que se merece.
  • Entender o oficio de ferreiro e as consecuencias que tiveron no Concello de Riotorto.
  • Coñecer a ruta de extracción de ferro comezada en Pontenova e que chegaría a Ribadeo pola conca do río Eo.
  • Coñecer o nome dos utensilios feitos na nosa zona e o lugar cara donde os exportaban en tempos.
  • Aprender nomes relacionados co oficio, incre, moa, cha, mazo, forxa, ferrería, ...
  • Ser quen de comunicar os coñecementos aprendidos a compañeiros e compañeiras, a través de exposicións orais...

 

Con moita ilusión comezouse entón a realización de moitas das actividades pensadas.

Coma en tódolos proxectos tiñamos que avaliar o noso punto de partida para tratar de dar resposta a que sabemos?

Mandoúselle aos nenos e as nenas que recadaran información sobre o oficiode ferreiros e logo, compartiríana con todos e todas no comedor escolar.

Deste traballo de investigación sairon moitos conceptos, como a definición de ferreiros, forxas, venaqueiros, ferrerías, moa, así como o coñecemento do nome de distintas ferramentas empregadas polos ferreiros, como chas, incre, moa, martelos,mazo...información que se completaría coas visitas que fixemos ás distintas forxas de Riotorto, forxas dos veciños e veciñas que constitúen unha verdadeira ruta turística de forxas de Riotorto.

Nelas, os propios veciños fixéronlle demostración ao alumnado e mesmo lles repartiron lambonadas en agradecemento á visita, pois mostraban unha enorme satisfación ter que falarlles aos nenos e ás nenas do seu amado oficio.

A información completaríana coa entrevista realizada a Pepe, ferreiro da zona que se brindou a vir ao centro e permitir que os nosos alumnos e alumnas gravaran a entrevista.

Ademáis das actividades anteriormente citadas, leváronse a cabo outras actividades coma:

  1. Elaboración batería de preguntas para facer a Entrevista a Pepe, o veciño ferreiro que veu ao centro.
  2. Materialización da entrevista no centro, con todo o alumnado e mestres do colexio de público. Prema aquí para visualizar un pequeno resumo.
  3. Elaboración do guión da obra teatral, o fala, fala na forxa.
  4.  Representación da obra anterior no festexo de Nadal, aberto para tódolos e tódalas veciñas de Riotorto.Prema aquí para visualizala.
  5. Diseño de traxes para o entroido.
  6. Elaboración por aulas dos traxes de Entroido, temática ferreiros de Riotorto.
  7. Ppercorrido polo pobo na comparsa de Entroido. Prema aquí para visualizar a comparsa.
  8. Invención da letra do tema que se levará na comparsa.
  9. Grabación da canción para levar na comparsa. Prema aquí para escoitala.
  10. Elaboración dun almanaque na honra aos ferreiros de Riotorto, que empregaríamos para agasallar aqueles ferreiros que colaboraron co colexio. Prema aquí para visualizalo.
  11. Elaboración dunha presentación con información acerca dos ferreiros, para que deste xeito, desde o confinamento os nenos e nenas seguiran en contacto co Proxecto. Prema aquí para visualizalo.
  12. Elaboración de actividades interactivas, para que os nenos e nenas traballaran dende o confinamento algún contido do proxecto. Prema aquí para visualizar actividade 1. Prema aquí para visualizar actividade 2.
  13. Visita a distintas forxas de Riotorto. Prema aquí para visualizarla.

 En canto o profesorado implicado, compre dicir que practicamente todo profesorado do centrose implicou, agás a mestra de Educación Infantil que non participa no plan proxecta e as mestras que so están dous días no centro por ser mestras compartidas.

A continuación paso a describir o traballo de cada mestre no proxecto:

1. Silvina Gallo Gavín. Mestra de 6º E.P.

  • Participou, xunto con Sonia,  na localización e negociación cos ferreiros da zona, para concertar día para ás visitas as súas forxas.
  • Participou nas saídas as forxas na ruta das forxas de Riotorto. Prema aquí para ver as saídas.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración do guión da obra teatral do fala, fala na forxa.
  • Participou xunto coas mestras María José Rey e Pilar no ensaio da obra e preparación do escenario. Prema aquí para visualizar o teatro.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración dos disfraces do Entroido.
  • Participou na comparsa do Entroido pola vila. Prema aquí para ver o desfile.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración dunha batería de preguntas para a realización da entrevista ao veciño ferreiro Pepe. Para ver a entrevista, prema aquí.
  • Participou na colaboración que os alumnos e alumnas de Riotorto fixeron coa Asociación Avelino Díaz, elaborando os debuxos do almanaque que a Asociaión faría este ano, na honra de Avelino. Nestes debuxos de temática libre, os alumnos e alumnas de Riotorto tentaron mostrar o noso Concello como berce de ferreiros. Prema aquí para ver os debuxos.
  • Foi quen de traballar a competencia lingüística cos seus alumnos e alumnas facendo que os alumnos e alumnas fixeran narracións e exposicións orais das mesmas relacionadas coa temática.

 2. Pilar Carballeira Rey. Mestra de 5º E.P.

  • Participou nas saídas as forxas na ruta das forxas de Riotorto. Prema aquí para ver as saídas.
  • Participou xunto coas mestras María José Rey e Silvina no ensaio da obra e preparación do escenario. Prema aquí para visualizar o teatro.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración dos disfraces do Entroido.
  • Participou na comparsa do Entroido pola vila. Prema aquí para ver o desfile.
  • Participou cos seus alumnos na realización manual do Santo Mazo e das moas para levar na comparsa.
  • Participou na colaboración que os alumnos e alumnas de Riotorto fixeron coa Asociación Avelino Díaz, elaborando os debuxos do almanaque que a Asociaión faría este ano, na honra de Avelino. Nestes debuxos de temática libre, os alumnos e alumnas de Riotorto tentaron mostrar o noso Concello como berce de ferreiros. Prema aquí para ver os debuxos.
  • Foi quen de traballar a competencia lingüística cos seus alumnos e alumnas facendo que os alumnos e alumnas fixeran narracións e exposicións orais das mesmas relacionadas coa temática.

 

3. Rodrigo Rodríguez Martínez. Mestre de 5º E.P.

  • Participou na comparsa do Entroido pola vila. Prema aquí para ver o desfile.
  • Participou na cofección da canción para a comparsa. Prema aquí para escoitar a canción.
  • Foi quen de traballar a competencia lingüística cos seus alumnos e alumnas facendo que os alumnos e alumnas fixeran narracións e exposicións orais das mesmas relacionadas coa temática. 

4. David Casal López. Mestre de 3º e 4º E.P.

  • Participou nas saídas as forxas na ruta das forxas de Riotorto. 
  • Participou na realización de fotografías nas distintas forxas para contar con material multimedia para compoñer o almanaque con que obsequiamos aos nosos ferreiros. Prema aquí para ver o almanaque.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración dos disfraces do Entroido.
  • Realizou as maracas con forma de martelos para levar na comparsa e facer música.
  • Elaborou o traballo de edición multimedia onde se ven as forxas visitadas. Prema aquí para ver o vídeo.
  • Editou a postal de Nadal que empregaría o centro para felicitar as festas, postal onde se puido ver a temática do proxecta deste ano. Prema aquí para ver a postal.
  • Gravou a obra teatral de Nadal para contar con material e poder editar o vídeo. Prema aquí para ver a obra teatral.
  • Gravou a comparsa de Entroido e realizou distintas fotografías onde se visualizan os disfraces coa temática de ferreiros de Riotorto. Prema aquí para ver a comparsa.
  • Foi quen de traballar a competencia lingüística cos seus alumnos e alumnas facendo que os alumnos e alumnas fixeran narracións e exposicións orais das mesmas relacionadas coa temática.

 5. María José Rey Moirón. Mestra de 1º e 2º E.P.

  •  Participou nas saídas as forxas na ruta das forxas de Riotorto.
  • Participou cos seus alumnos e alumnas na elaboración dos disfraces do Entroido.
  • Participou na comparsa do Entroido pola vila. Prema aquí para ver o desfile.
  • Participou na colaboración que os alumnos e alumnas de Riotorto fixeron coa Asociación Avelino Díaz, elaborando os debuxos do almanaque que a Asociaión faría este ano, na honra de Avelino. Nestes debuxos de temática libre, os alumnos e alumnas de Riotorto tentaron mostrar o noso Concello como berce de ferreiros. Prema aquí para ver os debuxos.
  • Participou xunto coas mestras Pilar e Silvina no ensaio da obra e preparación do escenario. Prema aquí para visualizar o teatro.
  • Foi quen de traballar a competencia lingüística cos seus alumnos e alumnas facendo que os alumnos e alumnas fixeran narracións e exposicións orais das mesmas relacionadas coa temática.

 6. Sonia Mª Lamas Vázquez. Cordinadora do proxecto e directora do centro.

  • Participou, xunto con Silvina,  na localización e negociación cos ferreiros da zona, para concertar día para ás visitas as súas forxas.
  • Participou nas saídas as forxas na ruta das forxas de Riotorto. Prema aquí para ver as saídas.
  • Participou na comparsa do Entroido pola vila. Prema aquí para ver o desfile.
  • Participou na coordinación de tódalas actividades do proxecto.
  • Editou o almanaque que se lle obsequiou aos ferreiros e ás familias do colexio, e que foi elaborado para honrar o traballo dos nosos veciños e veciñas os ferreiros de Riotorto. Este puídose editar co material multimedia proporcionado polo compañeiro, David, que como limos en liñas anteriores foi o encargado de recoller material multimedia.
  • Editou a entrevista a Pepe, o veciño ferreiro que veu ao centro. Prema aquí para ver a entrevista.
  • Editou o vídeo resume que viron os nenos no confinamento, para seguir a ter vivo o proxecta dende a distancia. Prema aquí para ver a presentación.
  • Editou as actividades lim, prema aquí para ver a actividade 1. Prema aquí para ver a actividade 2, para que os nenos xogaran a través do ordenador e dalgún xeito estivera o proxecto presente nas actividades a distancia que se fixeron no confinamento.
  • Redactou a presente memoria.

Metodoloxía do noso traballo

  • Partimos sempre dos coñecementos previos dos nenos e das nenas.
  • Empregamos a motivación como motor do proxecto, pois temos nenos e nenas que os avós, tíos… son ferreiros.
  • Incluímos as actividades dentro da vida diaria do centro, pois así sería máis fácil atopar tempo para as actividades.
  • Empregouse o espazo e o tempo de comedor escolar como lugar e momento para abordar os contidos máis teóricos.
  • Adaptamos as festas ao Proxecta, así o Nadal, Entroido, Dia da muller traballadora,… estarían sempre enfocadas ao noso proxecto como se pode comprobar nas actividades.
  • Co decreto de Estado de Alarma, e conseguinte confinamento, houbo que  idear actividades multimedia para que seguiran de algún xeito en contacto co Proxecta, de aí que se fixera a presentación para colgar na web do centro e as actividades Edilim.
  • Abrimos as portas do centro aos veciños e veciñas ferreiros, que aínda que algúns non teñen nenos ou nenas do centro, a festa de Nadal foi aberta a tódolos veciños e veciñas para que puideran ver a obra, O fala, fala na forxa.

Avaliación: Criterios e instrumentos empregados.

Os criterios de avaliación empregados foron:

  • Coñecer a existencia da Ruta Verde na Pontenova, ruta do ferro convertida en ruta para bicicletas.
  • Ser coñecedores e coñecedoras que na conca do río Éo, río do entorno próximo, houbo grandes extraccións de ferro polo anos oitenta.
  • Saber da existencia da ruta do ferro que ía dende Pontenova ata Ribadeo, onde se levaba o ferro ao cargadeiro.
  •  Que os alumnos e alumnas sexan quen de entender que este oficio sobreviviu moito tempo tamén grazas ao esforzo e axuda que as mulleres de ferreiros prestaron no oficio.
  • Que os alumnos e alumnas sexan quen de valorar o esforzo dos veciños e veciñas por conservar o oficio.
  • Saber o proceso de elaboración de apeiros coma o coitelo, o fouciño...
  • Ser quen de diferenciar as forxas das ferrerías.
  • Ser quen de identificar as distintas ferramentas dos ferreiros.
  • Que os alumnos e alumnas sexan quen de recoñecer o oficio de ferreiro.
  • Coñecer a existencia da Chocolateira, tren que transportaba o ferro.
  • Saber que na zona, hai moitos anos, fabricábase carbón vexetal coas hoces.
  • Ser quen de sentir satisfacción e orgullo de pertencer ao Concello de Riotorto, concello de ferreiros e ferreiras.Ser quen de agudizar a inventiva para facer as distintas creacións, tarxetas de nadal, traxes entroido, cancións…

Os instrumentos empregados foron:

    • A observación.
    • A avaliación das distintas intervencións realizadas polos nenos e nenas na entrevista a Pepe.
    • A visualización das distintas creación feitas ao longo do proxecto, tarxeta de nadal, disfraces, comparsa, obra,…onde a mestres e mestras nos invade a satisfacción do traballo realizado, pese a que moitas das actividades que tiñamos pensado facer, non se levaron a cabo por culpa do COVID-19.
    • O acerto nas actividades Edilim. 
 

TRABALLAMOS NO PROXECTA DENDE O CONFINAMENTO.

ACTIVIDADES PROXECTA 2019-2020

OS FERREIROS DE RIOTORTO, ANTERGOS PARA NON ESQUECER

 A continuación deíxovos información para que sigades a lembrar o aprendido no proxecta.

Unha boa forma de seguir conectados co proxecta, dende o confinamento é a través deste tipo de actividades.

Agardamos que vos guste!

 

 

 

Despois da visualización da presentación anterior que vos serviu para refrescar a memoria, deíxovos unha serie de actividades lim, creadas expresamente para vós.

Agardamos que vos gusten. Premede nos enlaces, xa veredes que sorpresa!

 Actividade Edilim  para comprobar o que sabedes. Premede aquí  

Actividades Edilim de entretenemento, quebracabezas. Premede aquí.

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut