Skip to Content

PROXECTA 2018-2019

PLAN PROXECTA 2018-2019

 

Como chegan as costeletas e outros produtos alimentarios aos nosos pratos?

Estudo da trazabilidade dos produtos da contorna.

INTRODUCIÓN

   Continuando o traballo comezado o curso pasado, logo de coñecer os nutrientes que teñen os distintos alimentos así como de coñecer a importancia da boa alimentación para ter unha boa saúde e lograr evitar algunhas das enfermidades que na actualidade están relacionadas co mal consumo de alimentos, consideramos importante dar a coñecer aos nosos alumnos e as nosas alumnas de onde saen eses alimentos que tanto necesitamos e cal é a trazabilidade dos mesmos,  dende que se producen ate que chegan aos nosos pratos.

   Para isto, falamos da produción agrícola e gandeira, quedándonos por traballar o referido á produción pesqueira de Galicia,  por mor de que non nos deu tempo a facer esta parte, ao non programar adecuadamente ou  ao levarnos máis do que pensabamos o resto, simplemente porque a demanda dos nenos e nenas a medida que ían descubrindo información, fixo que non deramos avanzado e nos centráramos máis nos produtos cárnicos, xa que este tema, podería ser perfectamente  tema único dun proxecto.

      Tentamos partir do propio contexto, vendo todo o proceso dende a propia produción ata a posta en venda dos mesmos, dándolle especial significado á aprendizaxe por descubrimento e á aprendizaxe constructivista.

    Partimos  sempre dos coñecementos previos dos alumnos, cerciorándonos de que estivesen  motivados,  polo que se decidiu que moita da información que se lle ía dar, proporcionaríannola as saídas e visitas programadas.

   O reparto de traballo foi a partir de centros de interese para os alumnos, por iso se distribuiron segundo idade.

   Que sabemos?

   Como sempre, empregando o tempo do comedor escolar, lugar onde faciamos as asembleas, pois todos os nenos e nenas son usuarios do comedor escolar, fíxose a  pregunta de punto de partida que lle dá o nome do título do noso proxecto.

    Como chegan as costeletas e outros produtos alimentarios aos nosos pratos?

    Foron moitas as respostas que os nenos e nenas deron.

   Uns... do supermercado, outros... da matanza, outros... da horta da miña avoa, outros... da tía que lle dá a mamá os grelos… Así e como descubriron, os nosos nenos e as nosas nenas,  que ao estar nunha zona rural, moitos consumen produtos de produción propia.

      Que queremos saber?

   Neste momento, tamén é como aparecen unha serie de dúbidas ás que hai que dar resposta, empezando así o proceso de investigación.

   Ante as preguntas, podemos vender os produtos que cultivamos na casa?...

   É necesario que garden algún tipo de condicións para podelos vender?...

   Se algún destes produtos contamina a unha familia,  que pasaría?... 

   Sabedes se os vosos pais, avoas ou algún coñecido vende algún produto que produce?...

   Como saben as empresas en que momento se contaminou o seu produto?

   A maioría  dos nenos e nenas, na hora de asemblea,  explica que efectivamente os produtos que fabrican son para autoconsumo, agás tres ou catro nenos que din que o leite que fabrican, véndena a unha empresa que manda un camión de recollida.

   Por outra banda, outra nena di que a súa mamá e o seu tío venden carne de cocho e de becerro, outra nena di que o seu papá vende verduras e hortalizas...

   Que descubrimos?

   Logo de investigar, chegan á conclusión de que os produtos non se poden vender se non teñen rexistro sanitario que garante a protección da saúde pública e dos intereses dos consumidores, facilitando o control oficial das industrias alimentarias, agás algún caso puntual, como pode ser nun mercado pequeno.

   Entenden que o rexistro sanitario sería como o  D.N.I. das empresas alimentarias respecto á Administración, para ter datos referidos a onde está a empresa, quen son os titulares, a dirección fiscal, planos da empresa...

   Posteriormente, as empresas tiveron que introducir O ESTUDO DE  TRAZABILIDADE DOS SEUS ALIMENTOS, recomendación de Europa, con multitude de lexislación ao respecto (normas ISO),  para coñecer todo o percorrido que fan os seus alimentos dende que os producen ate que chega ao punto de venda. Xabi conta neste vídeo o que entende por trazabilidade.

 

Logo de explicar o termo de trazabilidade dos alimentos, comunicámoslles aos nenos e nenas que iamos ver a trazabilidade de alimentos que se producía na zona e que ademais coincidía que eran alimentos que consumíamos no noso comedor, polo que este estudo, non sería só ata chegar ao punto de venda, senón que sería ata que chega aos seus pratos.

   O que fixemos foi repartir os equipos en distintos centros de interese, por unha banda, estarían aqueles nenos e nenas que estudarían a trazabilidade dos alimentos cárnicos, podendo visitar tódalas instalacións do Mazo, empresa familiar adicada á produción de carne porcina e vacún e á posta en venda da mesma.

   Tivemos a gran sorte de que esta empresa da nosa contorna, non só criaba aos porcos e becerros, senón que fabricaba o penso que comían, xa que  teñen fábrica propia para adaptarse as súas necesidades, matadoiro e como non, sala de despezo e produción de distintos produtos cárnicos, envasado, etiquetado, reparto e venda. 

   A súa vez,  son proveedores do noso comedor escolar.

    Pola outra, estaría o grupo de nenos e nenas que estudarían a trazabilidade do leite, podendo visitar  unha granxa de vacas na nosa zona e podendo completar o proceso de extración de información coa visita a Leite Río en Lugo.

   Por último, fixemos o terceiro centro de interese que serían aqueles nenos e nenas encargados de estudar a trazabiliade dos produtos da horta.

   1º Centro de Interese, a trazabilidade dos produtos cárnicos.

   Para o estudo e comprensión da trazabilidade dos produtos cárnicos, os mestres e mestras decidimos facer varias visitas a través das cales, os nosos nenos e nenas de 5º e 6º de educación primaria extraerían a suficiente información como para poder  elaborar unha batería de preguntas coa que facer unha entrevista a Fina, unha dos tres irmáns propietarios da industria cárnica do Mazo. Nestas visitas puideron ver todo o proceso. Primeiramente, fixeron a visita a unha granxa de porcos, onde Fina explicou todo o que alí facían cos porcos..., dende que nacen ata que os mandan ao matadoiro ou venden. Cada visita sería merecedora de redacción cos conceptos e cousas que aprenderon, pero é verdadeiramente imposible.

   A continuación podedes ver no link un resumo da visita á granxa, vídeo editado con moito traballo e de forma animada para ilusionar aos nosos nenos e nenas, pois son visionados por todos e todas as nenas, incluído os do infantil. Preme aquí para ver o vídeo.

 

   Logo de visitar a granxa de Fina, decidimos ensinarlles a fábrica de penso, ubicada na Pastoriza, onde tamén viron como era todo o proceso de produción.

   A parte menos divertida, pero non menos importante sería a visita ao matadoiro, onde os nenos viron as instalacións, cámaras refrixeradoras, poleas para cargar coas reses,... sala de atordamento,... e recibiron as explicacións pertinente dos traballadores. Prema aquí para ver pase de diapositivas.

 

    Por último, visitamos a nave do Mazo, nave de despezo, elaboración, curación, envasado e etiquetado de chourizos, costeletas, cachuchas,... Lugar tamén de venda e distribución de produtos cárnicos. Aquí tanto Fina como Juan, explicaron cada unha das salas coas súas funcións e sacaron moita información, como por exemplo, o proceso de elaboración de chourizosdespeces, salazón, ....

   Unha vez feita estas visitas, os nenos e nenas xa tiveron que traballar en todo o que aprenderan.

    Decidimos que a demostración do aprendido sería facendo unha entrevista a Fina.

   Con toda a información que tiñan comezaron a elaborar unha batería de preguntas acerca do concepto de trazabilidade. Silvina, a mestra encargada de revisar o traballo destes nenos e nenas fixo a selección do que lle pareceu máis significativo, e levamos a cabo a entrevista.

  

2º Centro de Interese, a trazabilidade do leite.

   Nesta ocasión, para o estudo da trazabilidade do leite, os mestres e mestras decidimos que o fixeran os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de educación primaria.  

   Seguindo coa metodoloxía empregada co anterior grupo, fixemos a visita á granxa de vacas de Pachín e o seu socio, gandeiros de Riotorto.

   Na granxa de vacas, é onde extraen a información necesaria para poder facer logo a entrevista correspondente, e mostrar así os coñecementos sobre o tema.

     Os nenos e nenas logo da visita a granxa de Pachín,  compuxeron a entrevista a Dionisio e máis a Edita, pais gandeiros de tres alumnos que temos no centro, pois era a mellor forma de comprobar o que aprenderan, xa que para elaborar a batería de dúbidas tiñan que ter coñecementos previos, tratando así de implicar a máis xente da comunidade educativa.

   Para rematar o estudo da trazabilidade, fixemos unha visita a fábrica de Leite Río, como podedes comprobar se premedes no lin anterior.

   Participación no taller no Centro de Consumo de Vegadeo, sobre os derivados lácteos, onde farán o recoñecemento de diferentes derivados lácteos dispoñibles no punto de venda, os procesos de transformación e tratamento que sofre o leite ate chegar a eles, e mesmo levar á práctica todo o procedemento a través da elaboración dun alimento e a súa posterior promoción comercial, baseada especialmente na sostenibilidade do recurso.   

   Como soporte á experiencia, terán outros talleres com:

  1.    Supermercado
  2.    Etiqueta con Fundamento
  3.    Publicidade

 

   3º Centro de Interese, a trazabilidade dos produtos hortícolas.

    Os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de E. P. Visitamos Terras de Miranda. Empresa situada en Riotorto, concretamente na Ferrería, pertencente a Javier Miranda, mozo emprendedor dedicado anteriormente á construción e que hai cinco anos decidiu montar a súa propia empresa hortícola coa que soñaba dende neno.

   Javier empregou as terras familiares nun primeiro momento , aos inicios da súa andaina, pero pouco a pouco sentiu a necesidade de incorporar máis terras para a  súa produción, polo que ten un banco delas arrendadas que lle posibilita facer máis cultivos e medrar deste modo a súa empresa.

   Grazas a esta visita, os nosos alumnos e alumnas descubriron unha nova clasificación dos tipos de agricultura, pois el fala de que é produtor agrícola, especializado en agricultura integrada. Explicounos que en Galiza hai moi poucos produtores que empreguen esta metodoloxía que consiste en empregar menos produtos fito sanitarios, facendo uso de abonos máis naturais e empregando plásticos con menos galgas ( medida empregada para medir o grosor do plástico), para evitar deste xeito a contaminación e favorecer a sostibilidade do planeta.

   Nesta visita, vimos unha plantación de chícharos coa correspondente explicación do proceso dende que se sementan ata que se recollen, vimos invernadoiros con plantas de tomates, patacas, fabas... entre outras hortalizas e verduras. Ademáis levounos a visitar as terras xa cultivadas e preparadas.

   Explicounos como cultivaban máis de vinte produtos diferentes e que o cultivo o facían en función da demanda da súa carteira de clientes.

   Como non podía ser doutro xeito, explicounos como na súa empresa se levaba a cabo o rexistro da trazabilidade dos seus produtos e tamén nos convidou a degustar froita a tódolos nenos e nenas, ademais de regalarnos unha pucha.

   Nesta visita, desfrutaron fundamentalmente os nenos e as nenas que teñen actividade de labranza nas súas casas, pois ensinounos a distinta maquinaria que teñen, coa correspondente explicación do seu uso, polo que descubrimos máquinas que non coñecíamos nin os alumnos e alumnas nin as mestras e mestre.

   O bo facer de Javier, que pese a non estar acostumado a visitas de nenos e nenas, fixo un gran esforzo e unha gran explicación, daríanos todas as pistas e información para que logo, se plasmara a avaliación do aprendido a través da xa coñecida entrevista que facemos aos nosos informadores.

   Con Javier descubrimos a importancia que ten a ilusión por ser emprendedor e buscador de novas actividades para crear empresa e medio de vida, pois non só se dedica producir as hortalizas senón que crearía paralelamente outra empresa de distribución dos seus propios produtos a súa propia carteira de clientes, toda unha novidade en Galiza, pois os produtores normalmente non distribúen senón que traballan para mediadores, que se ocupan desta distribución.

  

Profesorado Implicado

   Como se puido ler anteriormente, todo o profesorado do centro de educación primaria se implicou no proxecto, dado que nun primeiro momento ían ser actividades do Alimentate ben. A decisión de presentalo ao concurso é froito da satisfacción que temos polo resultado acadado.

    Estamos moi orgullosas e orgullosos do traballo realizado neste proxecto, polo que nós xa gañamos; a continuación describimos algúns dos traballos realizados polas mestras e mestre do colexio.

1º Silvina Gallo Gavín, mestra de 6º de educación primaria.

   Participou na saída á granxa de porcos de Fina.

   Participou na saída á fábrica de pensos do Mazo.

   Participou na saída ao matadoiro de O Mazo.

   Participou na saída á nave de O Mazo.

   Participou na saída a Vegadeo.

   Foi quen de traballar a competencia en comunicación lingüística, tanto oral como escrita, facendo que os alumnos alumnas foran quen de elaborar un texto narrativo no que reflectisen a trazabilidade dos produtos cárnicos, partindo do contexto próximo. 

   Xunto coa mestra de 5º, supervisaron como os nenos e as nenas deste curso adaptaban un texto narrativo a un texto teatral, levando o conto de Lolo ao Kamishibai.

   Na hora de titoría cos seus alumnos e alumnas,  cando falaron das distintas técnicas de estudo, esquemas, subraiado, resumo, mapas conceptuais,...adaptouno ao que estabamos a facer, pedíndolles aos alumnos e alumnas que fixesen un exemplo de mapa conceptual onde reflectisen todo o proceso de trazabilidade da carne.

 

 

 

 

  Dirixiu a búsca de información a través das redes sociais para entender a diferencia entre a agricultura tradicional, agricultura ecolóxica e agricultura intensiva, ademais da busca de información acerca do consumo de proteínas que proporciona a carne.

   Supervisou como os nenos e nenas de 5º de primaria, recibían as correspondentes explicacións por parte de Álvaro, o noso cociñeiro, que lles explicou como facía el o estudo da trazabilidade dos alimentos dende que entran na cociña do colexio ate que se serven nos nosos pratos. Os nenos e nenas de  5º de primaria, estiveron varias sesións ao longo do curso vendo como o noso cociñeiro fai os rexistros pertinentes legalmente impostos para levar conta da trazabilidade e control do bo facer en materia de conservación e manipulación de alimentos, para evitar algún tipo de contaminación, e de habela, ter a información suficiente para descubrir onde se produciu esa contaminación.

   Con Álvaro, entenderon conceptos tales como:

   Por en práctica, o que viron no proxecto, revisando código de barras, nº de lote, caducidade, consumo preferente...

   Ver os distintos rexistros que fai como anotación de temperatura do refrixerador, comprobación pola mañá da cloración da auga, para desta forma determinar se é apta para beber, rexistro de limpeza e desinfeción (L+D), rexistro de saída e entrada de materias primas...

   Toda esta información anotada a través de distintos rexistros, forman parte da análise e puntos críticos de control, documento coñecido nos centros escolares como APPC.

      Empregou a clase de plástica para facer os debuxos que logo empregaríamos co Kamishibai, supervisando que quedase ben o traballo realizado.

 

   Ademais participou cos seus alumnos no concurso que se fixo no colexio para porlle cara a Lolo, pois os nenos e nenas tiveron que facer un debuxo para elixir ao noso protagonista.

    

2º Joseba Mikel Angulo Ortiz, mestre titor de 1º e 2º de E.P.e de música.

   Participou na saída á granxa de vacas de Pachín.

   Participou na saída aos invernadoiros de Javier.

   Participou na saída a Vegadeo.

   Participou na saída a leite Río en Lugo.

   O alumnado de 3º e 4º logo de facer a visita á granxa de vacas, elaboraron distintos cómics para explicar o concepto de trazabilidade do leite, dende a súa produción na sala de muxido ata a súa posta en venda. O mestre foi o que dirixiu esta actividade dando as pertinentes respostas aos nenos e nenas, cando xurdía algunha dúbida.

 

 

 

 

 

 

   Para traballar a competencia lingüística e oral, dirixiu aos nenos e nenas de 3º e 4, xunto coa súa titora Mº José Rey,   á hora de elaborar a batería de preguntas para realizar a Dionisio e mais Edita, donos da granxa de vacas. Entrevista que realizou Diego, un neno de quinto para así participar todos no proxecto.

   Na competencia matemática o que fixeron foi supervisar e axudar aos nenos e nenas de 1º e 2º á hora de elaborar distintos problemas matemáticos empregando datos extraídos da visita á Leite Río.

     Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de educación primaria, baixo a supervisión do seu mestre, Joseba, buscaron en internet debuxos que valesen para explicar o termo de trazabilidade, así traballaron a competencia do tratamento da información e competencia dixital, tan necesaria no noso centro, non só para os alumnos e alumnas senón tamén para os mestres.

 

 

 

 

  

     

     

 

EXPLICACIÓN DO PROCESO

 

 

 

 

 

 

 PREGUNTAS SOBRE AS DÚBIDAS

 

 

 

PRACTICAMOS O APRENDIDO

   

 

FOTO DE GRUPO, SATISFACCIÓN DO TRABALLO REALIZADO.

 

Na clase de ciencias naturais, propuxo a realización a través de debuxos, de temas como: Partes dunha planta, proceso de crecemento dunha semente ate que sacamos unha hortaliza ou froita... 

    Guiou e participou na elaboración de batería de preguntas para entrevistar a Javier, o dono dos invernadoiros.

   3º Sonia María Lamas Vázquez, mestra de pedagoxía terapéutica e directora do centro.

   Xestionou as saídas educativas do proxecto, xunto con Manuela titora de 5º de primaria.

   Participou na saída á granxa de porcos de Fina.

   Participou na saída á fábrica de pensos do Mazo.

   Participou na saída ao matadoiro de O Mazo.

   Participou na saída á nave de O Mazo.

   Participou na saída a leite Río en Lugo.

   Participou na saída á granxa de vacas de Pachín.

   Participou na saída aos invernadoiros de Javier.

   Participou na saída a Vegadeo.

   Coordinou todo o concurso referido á elección de Lolo, o porquiño do conto que máis tarde se levaría ao Kamishibai.

   Ademáis encargouse da edición de vídeos, pase de diapositivas, colaborou ao deseño de actividades, elaboración da presente memoria...

   É necesario facer mención que fixo un curso acelerado de Tics, tanto para montaxe de documentación dixital como para a subida de vídeos a Youttube, creación de canal de Youttube, elaboración da web do centro,  pois como poderán comprobar, este traballo fíxose por primeira vez neste centro, este curso,  grazas ao nivel de esixencia do Plan Proxecta e o desexo de querer facer un bo traballo,de aí que para nós sexa un verdadeiro traballo de innovación educativa.

   Coordinou as distintas entrevistas realizadas no centro ás familias como empresarios de produtos alimentarios.

   Xestionou todo o necesario para poder facer as saídas, como contratación autobuses, solicitude de visitas, ...

   Acudiu ao CEFORE para resolver dúbidas referentes ao funcionamento da páxina web do centro, pois tiñamos moita interese de crear dita páxina para darlle visualizaciòn a todo o traballo realizado.

Como podedes observar ao longo de toda esta memoria, para favorecer a aprendizaxe activa do alumnado baseámonos nunha metodoloxía onde se traballou a través de talleres  lúdico-educativos cun desenvolvemento de unha ou varias sesións, onde se viran resultados acadados en un espazo curto.

   Así fixéronse talleres de busca de información, talleres de fomento de creatividade, como foi a elaboración do noso conto Lolo ou a súa adaptación ao Kamishibai, talleres onde desenvolveron o seu talento como periodistas ao ter que elaborar distintas entrevistas coa información obtida nas visitas...

    A continuación tratamos de visualizalo con gravacións de diapositivas ou vídeos que reproducíamos en grupo para ver o traballo realizado e pasar bos momentos nesta visualización.

   As actividades ideáronse a través de centros de interese, anteriormente citados que nos facilitou facer saídas en pequenos grupos, segundo idades e que logo, eles mesmos contasen a información aos seus compañeiros.

   Partimos do propio contexto de Riotorto, e mesmo do centro, pois os empresarios que colaboraron con nós todos teñen fillos ou fillas escolarizadas no noso centro, fixo que tiveramos unha importante vantaxe.

 Foi  a propia motivación dos nenos e nenas, ademais da propia motivación dos mestres e mestras ao ter a intención de plasmar o traballo por primeira vez na web do centro, creada para este mester.

 

 4º Mª José Rey Moirón, mestra titora de 3º e 4º de Educación Primaria.  

   Participou en distintas saídas educativas relacionadas co Plan Proxecta como:

    Participou na saída á granxa de vacas de Pachín.

    Participou na saída a leite Río en Lugo.

   Participou na saída a Vegadeo.

   Explicou e seguiu o proceso de trazabilidade do a leite, materializando este concepto en mapas conceptuais, cómics, choiva de ideas na aula, exposicións orais do tema.

   Traballaron os contidos aprendidos materializándoos nas distintas baterias de preguntas para facer entrevistas...

Participou cos seus alumnos no concurso de Lolo, a mascota do noso conto.

   Dirixiu a elaboración de distintos problemas matemáticos cos datos extraídos das saídas educativas adaptándoos aos niveis curriculares dos nenos e nenas que participaron nesas saídas.

 

     5º  Manuela Álvarez González.

   Participou na saída á granxa de porcos de Fina.

   Participou na saída á fábrica de pensos do Mazo.

   Participou na saída ao matadoiro de O Mazo.

   Participou na saída á nave de O Mazo.

   Participou na saída a leite Río en Lugo.

   Participou na saída aos invernadoiros de Javier.

   Participou na saída a Vegadeo.

  Participou en tódalas xuntanzas realizadas no centro cos seus alumnos e alumnas para falar ou expoñer algún traballo que tivera relación co plan proyecta.

   Elaborou os debuxos xunto cos nenos e nenas para adaptar o conto de Lolo ao Kamishibai, e foi a encargada da representación do mesmo, despois de supervisar o traballo dos nenos e nenas para a pintura e plastificación das láminas.

   Realizou a adaptación de problemas matemáticos cos datos extraídos das visitas ao nivel educativos dos seus nenos e nenas.

   Participou co seu alumnado no concurso de Lolo.

 

6º Mª Pilar Carballeira Rey. Mestra de inglés.

   Participou na saída á granxa de porcos de Fina.

   Participou na saída á fábrica de pensos do Mazo.

   Participou na saída ao matadoiro de O Mazo.

   Participou na saída á nave de O Mazo.

   Participou na saída a leite Río en Lugo.

   Participou na saída a Vegadeo.

   Participou na saída a visita da granxa de vacas.

   Buscou e realizaou os pictogramas para o conto de Lolo. 

   Realizou o grabado, fotos ,... de todas as actividades para que logo Sonia puidese editadas e subidas as redes sociais.

   Participou cos seus alumnos no concurso de Lolo, a mascota do noso conto.

   Facilitou que os nenos e nenas de infantil, aínda que non estaban no proyecto porque non quixo participar a súa mestra, pudiesen ver os contos e participar en  distintas actividades que si se adaptaran a eles, como o concurso de Lolo, levándoos e controlando na súa hora de inglés.

  Participou en tódalas xuntanzas realizadas no centro cos seus alumnos e alumnas para falar ou expoñer algún traballo que tivera relación co plan proyecta.

   Colaborou na elaboración e corrección da batería de preguntas para realizar as entrevistas de Fina, Linares e Javier Miranda.

 

   5. Transcendencia e implicación da comunidade educativa.

                                                           

   Este proxecto tivo unha relevancia moi importante non so no centro, senón tamén para as familias.

   Primeiramente dicir que estamos moi agradecidos a todas aquelas persoas que colaboraron desinteresadamente con nós. Á familia do Mazo, familia Linares e familia Javier Miranda, especialmente, so nos queda dicir MOITAS GRAZAS.

   Tamén quixéramos dar as grazas aos propietarios da gandería Pachín e ao seu socioademais de Leite Río por permitirnos ver e escoitar as pertinentes explicación sobre o seu traballo, ademais de agradecer os agasallos que no deron. MOITAS GRAZAS.

      Á hora de dar agradecementos, tamén quixera agradecer ás mestras e mestre de Primaria do centro, polo desenvolvemento do seu traballo e a ilusión mostrada en todo momento co proxecto, non só aos dous figurantes nestas liñas, senón a todos e todas. MOITAS GRAZAS.

   Xa para rematar, agradecer ás familias a publicidade que lle deron ao proxecto, por tantas visualizacións e comentarios positivos non so cara o proxecto realizado, senón pola posta en funcionamento da páxina web do centro que permitiu que este ano se visualizara todo o traballo realizado, en distintos momentos da vida do centro, e que sen a entrada no Proxecta, non pensaríamos nesta necesidade de facer visible o noso traballo.

   Aínda que para o final, non menos importante, quixera facer mención a gran labor realizada por Álvaro, o noso cociñeiro e o noso cámara no centro. MOITAS GRAZAS, non so polas gravacións senón polas explicación que deches sobre a trazabilidade dos alimentos dende que entran no comedor ata que os pos nos nosos pratos, grazas tamén polas opinións e críticas construtivas. MOITAS GRAZAS.

   A colaboración de todos e todas anteriormente citados,  foi vital para a realización do proxecto.

   A súa implicación, non só referido ao que ten que ver coas visitas ás súas empresas, senón coa información facilitada, os agasallos aos nenos e nenas, o cariño co que nos explicaron os distintos temas, a súa colaboración e aceptación para a realización das entrevistas,... tantas e tantas cousas que nos serviron de gran axuda.

   O poder facer as gravacións e ao implicarse toda a comunidade educativa, pois as familias deron o cen por cen a autorización de imaxe, sen a cal, sería imposible facer público este precioso traballo, facilitou que os mestres e mestras se ilusionaran e motivaran máis co proxecto.

   6. Avaliación do proxecto partindo dos obxectivos pensados no proxecta.

      Como se puido ler ao longo destas liñas, este proxecto naceu coa idea de continuar co “Aliméntate ben”, do curso pasado e mellorar a nosa imaxe. Nunca se pensou en presentar o proxecto aos premios de innovación educativa, e permítannos o atrevemento , pois é froito da satisfacción do traballo realizado.

     Inicialmente, os obxectivos propostos para a realización do proxecto eran:

* Coñecer os sectores de produción alimentaria en Galicia (Agricultura, gandería e pesca).

* Coñecer que é mariscar.

* Coñecer o funcionamento dunha lonxa.

* Coñecer o funcionamento dunha industria cárnica.

* Coñecer o funcionamento dunha industria láctea.

* Coñecer a trazabilidade dos produtos alimentarios da contorna de Riotorto, dende a súa orixe, produción, transformación, distribución e elaboración.

* Coñecer que é a produción ecolóxica.

* Coñecer os beneficios do consumo da alimentación ecolóxica.

   Vistos ao finalizar o proxecto, son obxectivos pobres, se pensamos en todos os contidos aprendidos e en todas as actividades realizadas.

     Si é certo que existen puntos que non se traballaron, posto que ao investigar os primeiros, foi tanta a demanda de busca de información por parte dos nenos e nenas, que se decidiu abarcar menos, pois inicialmente, ao non ter experiencia en traballar por proxectos, marcámonos uns obxectivos moi ambiciosos e moi xenéricos.

   Así, co noso proxecto os nenos e nenas FORON QUEN DE:

  1.  Entender o concepto de trazabilidade dos alimentos cárnicos.
  2.  Entender o proceso de elaboración dos chourizos.
  3.  Entender cada unha das partes implicadas nos distintos procesos, como son crianza de porcos, vacas, elaboración de pensos, sistema do matadoiro, despezo dos porcos e vacas,  picado de carne,  secado de chourizos, envasado e etiquetado de carne, reparto,...
  4. Proceso de produción de leite, sistema de muxido, conservación e recollida do leite, recepción nas fábricas e análise, envasado e etiquetado do leite, ...
  5.  Entender o proceso de trazabilidade do leite.
  6.  Entender o proceso  de produción de produtos da horta.
  7.  Coñecer a trazabilidade  dos produtos da horta.
  8. Recoñecer distinta maquinaria para traballar a terra.
  9. Coñecer distintos tipos de clasificación da agricultura.
  10. Descubrir unha nova clasificación dos tipos de agricultura, a agricultura integrada.
  11. Coñecer as distintas actividades económicas que se desenvolven na zona de Riotorto.
  12.  Desenvolver a súa creatividade á hora de deseñar o conto de Lolo, as distintas entrevistas, enunciados de problemas matemáticos cos datos sacados das saídas...
  13.  Organizarse en pequenos grupos de traballo para realizar a busca de información.
  14.  Desenvolver a comunicación lingüística e superar a vergoña para facer postas en común, exposicións, gravacións...

   En relación cos mestres e mestras, estes FOMOS QUEN DE :

  1. Dar a coñecer o traballo a través da posta en marcha da nosa páxina web do centro, aínda en construción.
  2.  Creación dunha canle en Youttube , onde poder subir os vídeos para enlazar, xa que a páxina non podía con eles.
  3. Editar, aínda que sexa de forma sinxela, vídeos e pase de diapositivas onde se poidan visualizar os traballos realizados.
  4. Traballar en equipo, axudándonos uns e unhas ás outras, dando opinións, críticas construtivas na procura dun resultado adecuado ao noso esforzo.
  5.  Aprender das familias moitísima información descoñecida sobre os temas aquí traballados.

 

                                                                                   

   7. Impacto. Visibilidade do proxecto, presenza pública a través dos medios de comunicación, redes sociais e publicacións, exposicións...

O noso proxecto ademais de estar visualizado na nosa páxina web, trataremos de darlle máis visualización subindo a redes sociais como reedeiras, Agueiro,...

   Non cabe dúbida que sería importante darlle a máxima publicidade polo que trataremos de envialo a prensa para ver si se fai eco da motivación que tanto alumnos como alumnas, mestres e mestras, familias, empresarios da zona... tivemos á hora de facer este fermoso traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut