Skip to Content

EI Curso 2019-20

VISITA A GADIS - 5º/6º EI

O mércores, 19 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de EI visitamos o supermercado Gadis do Inferniño para participar no programa Alimentes 2020.

Primeiro vimos a pirámide alimenticia e, a continuación, visitamos as diferentes seccións do supermercado para coñecer de preto os alimentos que podemos atopar en cada unha delas.

Finalmente, como agasallo, déronnos unha bolsa cunha parva saudable.

Acceso ás fotos da galería no álbum: Gadis 5º-6º EI ou premendo na seguinte imaxe.

Premendo na miniatura poderanse ver as fotos en modo presentación.

Álbum: EI 19/20 -> Gadis 5º-6º EI

AULA DE ECOLOXÍA URBANA (5º EI)

O venres 12 de febreiro fomos á Aula de Ecoloxía Urbana e participamos no obradoiro "Eu podo". Falamos do que podiamos facer como cantar, varrer, reciclar... e ás veces comprobamos que, con axuda, tamén somos quen de lograr máis cousas.

O martes 18 asistimos a outra actividade: "A caixa dos sentidos". Amosáronnos uns saquiños con herbas aromáticas para adiviñar que era, fixemos un xogo no que metiamos a man nunha caixa e intentabamos adiviñar que era o que estabamos a tocar.

Podedes ver algunhas fotos premendo na seguinte miniatura ou neste enlace: AEU 5EI.

Álbum: EI 19/20 -> AEU 5EI

CONCERTO DE NADAL NO TERCIO NORTE (EI)

Imaxes correspondentes á visita que todo o alumnado de EI fixemos ao Tercio Norte, o martes 10 de decembro, para ver o concerto de Nadal. Aproveitando a visita fixéronnos unha demostración cos cans que viven alí e vimos o Belén que teñen montado. Pasámolo moi ben!

Distribuir contido


by Dr. Radut