Skip to Content

DLG

GALEG@ DO MES DE FEBREIRO

Ola familias!

Como xa puidestes ver comeza o mes máis divertido! O mes do Entroido!. Nesta ocasión, os nosos nenos e nenas están traballando vocabulario sobre os doces típicos galegos. Polo que aquí vos deixamos un xogo de memoria para que non os esquezades!

 

Queremos aproveitar ademais para dar a noraboa aos/ás Galeg@s do mes de xaneiro: Adonay, Romeisa, Islam, Iyad, Hanae, Douea, Avril e Adam! Tamén á nosa profe Marta, que foi a Galemestra do mes

 

GALEG@ DO MES DE DECEMBRO

Ola familias!

Voltamos cunha nova proposta para o Galeg@ do mes de decembro. Nesta ocasión, os nosos nenos e nenas están traballando vocabulario sobre o Nadal, polo que aquí vos deixamos un pequeno xogo interactivo para que poñades a proba os vosos coñecementos. Moita sorte!

Queremos aproveitar ademais para dar a noraboa aos/ás Galeg@s do mes de novembro: Amira, Pedro, Ismail, Cheikh, Adam, Luciana, Aya e David! Que se esforzaron un montón. Tamén á nosa profe Ana PT, que foi a Galemestra do mes

 

SAMAÍN

Achégase a noite máis terrorífica do ano...e dende o CEIP Ángela Ruiz Robles xa nos estamos preparando para celabralo por todo o alto. 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propoñemos unha nova temática para este mes de novembro, baseada no Samaín. Para ir quentando motores, deixámosvos un vídeo explicativo desta festividade, así como un Scape interactivo. Deberedes estar moi atent@s á información do vídeo para poder resolver os misterios do Scape... Atrevédesvos?

 

GALEG@S DO MES DE OUTUBRO

Ola familias!

Estamos acabando o mes de outubro e xa temos aos/ás nos@s Galeg@s do mes! Son os seguintes:

Estefanía (4º Ed. Infantil)

Yoshimar (5º/6º Ed. Infantil)

María Carlota (1º Ed. Primaria)

Adrián (2º Ed. Primaria)

Rosalía (3º Ed. Primaria)

Yasmín (4º Ed. Primaria)

Jeremy (5º Ed. Primaria)

Catalina (6º Ed. Primaria)

E, por suposto, tamén temos á mestra Galega do Mes que é Verena!

Noraboa a tod@s!! 

Poderedes ver as súas fotos no paseo da fama no noso perfil de Instagram nos próximos días.

 

GALEGO DO MES DE OUTUBRO

Ola familias!

Despois destas primeiras semanas de volta ao cole, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega voltamos con novas actividades.

Vendo a boa acollida que tivo “A/o galega/o do mes” no curso pasado, ímoslle dar continuidade a esta proposta. Mais nesta ocasión, ímonos basear no cine, sendo esta a temática xeral do centro para este curso escolar. É por isto que os nenos e as nenas terán o seu particular paseo da fama, onde se colocarán as estrelas do galego ou galega de cada mes.

Para este mes de outubro, traballaremos os materiais do colexio en lingua galega. Adxuntamos dúas propostas: a primeira delas para as/os máis pequenas/os e a segunda para os maiores.

Que comece o reto!

LETRAS GALEGAS 2023

LETRAS GALEGAS

Como todos/as sabedes, o próximo 17 de maio conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e por iso dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos deixarvos esta nova actividade interactiva para que coñezades un pouco máis ao homenaxeado este ano, Francisco Fernández Del Riego.

Esperamos que vos guste.

 

SEMANA DA PRENSA

A semana pasada foi a SEMANA DA PRENSA e con este motivo, ademais de traballar coa prensa nos seus diferentes formatos en cada unha das titorías, todo o noso alumnado participou na elaboración dunha "Noticia Loca". Cada unha das titorías elaborou unha das partes da noticia. Aquí vos deixamos o resultado. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalia de Castro, os nosos alumnos e alumnas recitaron algúns dos poemas da autora. No seguinte video tedes unha mostra do traballo que realizaron.

 

ROSALIA DE CASTRO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca queremos compartir convosco un xogo interactivo sobre Rosalia de Castro, feito por unhos profes especialmente para celebrar este día. Esperamos que vos guste.

 

 

 

 

ENTROIDO

O ENTROIDO XA CHEGOU!

Ao longo desta semana celebraremos o entroido. E o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou a seguinte presentación para saber un pouco máis sobre o ENTROIDO GALEGO.

Distribuir contido


by Dr. Radut