Skip to Content

Curso 2011-12

Fin de curso Educación Infantil (2011/2012)

O alumado do 2º ciclo de Educación Infantil despediu o curso 2011-2012 cunha merenda seguida dunha festa no ximnasio animada polas súas profesoras.

Ver máis fotos

 

"Aula Reciclaxe Reciclaterra". 6º Educación Infantil

O xoves 17 de novembro o alumnado de 5 anos de Educación Infantil participou  nun obradoiro de reciclaxe de papel na “Aula Reciclaterra” ubicada en Mougá. Colaboraron no proceso de  elaboración de pasta de papel e fixeron unha bolboreta con papel e cartón reciclado.

Facer clic na imaxe para ver máis fotos.

Obradoiro Reciclaterra - 5º Educación Infantil

O martes 15 de novembro os nenos e nenas de 4 anos participamos nun obradoiro de reciclaxe na "Aula Reciclaterra" ubicada en Mougá. Para ver todas as fotos só hai que facer clic na seguinte imaxe:

Entrega carnets e marcapáxinas na biblioteca

Zongalo Quirico xa empezou a facer entrega dos carnets de biblioteca aos nenos e nenas de 4 anos. Xa se poden ver no blogue da biblioteca ou pinchanco na foto inferior algunhas imaxes.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Luns 17 e martes 18 de outubro

O alumnado de 4 e 5 anos de Educación Infantil realizou unha visita á fundación Caixa Galicia. Participaron nun obradoiro de fotografía e comentaron fotografías de autores galegos. Remataron merendando no Cantón e xogando un pouco no parque infantil. Para ver máis fotos fai clic aquí.
  

Distribuir contido


by Dr. Radut