Ao alumnado de 5º EI gustoulles moito a exposición "MULLERES QUE FIXERON HISTORIA" que tivemos no centro na semana do 8 ao 15 de marzo. Sacaron fotos coas catro que máis lles gustaron:
Ángela Ruiz Robles (mestra, escritora e inventora. Foi directora do noso colexio).
Jane Goodall (primatóloga, experta en chimpancés).
Malala Yousafzai (Premio Nobel da Paz en 2014).
Vladímirovna Tereshkova (a primeira muller que viaxou ao espazo).
O grupo de catro anos participamos nunha sesión na aula de Ecoloxía Urbana. Apredemos moitas cousas sobre os animáis e fixemos uns traballos preciosos.
A clase de 4 anos fomos a Gadis para aprender sobre alimentación saudable. Agasalláronnos cunha bolsa que contiña un almorzo san, e cando chegamos á escola ... papámolo!
"A auga sube" é o título do obradoiro no que participou o alumnado de 6º EI na AEU (Aula de Ecoloxía Urbana) para aprender como utilizan a auga as plantas.
O pasado venres, 19 de outubro, os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil acudiron ao centro cultural Torrente Ballester a presenciar a estrea da obra "Timi contra o vento". A obra forma parte do programa FESTEA organizado polo Concello de Ferrol.