Skip to Content

AULA DE ECOLOXÍA URBANA (5º EI)

O venres 12 de febreiro fomos á Aula de Ecoloxía Urbana e participamos no obradoiro "Eu podo". Falamos do que podiamos facer como cantar, varrer, reciclar... e ás veces comprobamos que, con axuda, tamén somos quen de lograr máis cousas.

O martes 18 asistimos a outra actividade: "A caixa dos sentidos". Amosáronnos uns saquiños con herbas aromáticas para adiviñar que era, fixemos un xogo no que metiamos a man nunha caixa e intentabamos adiviñar que era o que estabamos a tocar.

Podedes ver algunhas fotos premendo na seguinte miniatura ou neste enlace: AEU 5EI.

Álbum: EI 19/20 -> AEU 5EI


album | by Dr. Radut