Skip to Content

EP Curso 2019-20

OBRADOIRO NA AEU - 3ºEP

O alumnado de 3º participamos nun obradoiro da Aula de Ecoloxía Urbana. Fomos o xoves 5 de marzo e aprendemos a regra dos tres erres (3R), que consta destes tres pasos ordenados por orde de importancia:

REDUCIR

REUTILIZAR

RECICLAR

Con esta regra conseguiremos tirar menos lixo, aforrar cartos e ser consumidores máis responsables.

Con auga, anacos de papel usado e un coador fixemos pasta de papel para facer uns pequenos cadernos como os que podedes ver nas fotos. Decorámolos con recortes dun catálogo de xoguetes e quedáronnos ben bonitos, a que si?

Para ver as fotos podedes premer no seguinte collage e na miniatura para abrilas en modo presentación.

Álbum: EP 19/20 -> AEU 3EP

SGHN - 2º EP

Mércores 4 de marzo: visita do alumnado de 2º EP ao Museo de Historia Natural da SGHN Ferrol.

Premer no collage para ver as fotos na galería e na miniatura para abrilas en modo presentación.

Álbum: EP 19/20 -> SGHN 2º EP

PINTANDO AS MENINAS CON EDUARDO HERMIDA (3º - 4º EP)

O 28 de febreiro visitounos Eduardo Hermida, pintor ferrolán moi coñecido polas súas obras e por ser o impulsor do proxecto "As Meninas de Canido".

Ensinounos as técnicas que se utilizan para pintar nas paredes do barrio as diversas Meninas e tamén debuxou algunhas delas co alumnado de 3º e 4º de EP.

Eduardo Hermida, moitas grazas por todo o que nos ensinaches!

Se premedes na seguinte imaxe podedes ver as fotos publicadas na galería.

 

PONTE NO MEU LUGAR

Obradoiro de ASPANEPS no que participou o alumnado de 6°EP.

Premer na seguinte imaxe para acceder á galería.

Premer na na miniatura para ver as imaxes en modo presentación.

Álbum: EP 19/20 -> Ponte no meu lugar 6ºEP

TEATRO EN INGLÉS: UNBOXING ALICE (AFUNDACIÓN)

 

O venres 10 de xaneiro, os nenos e nenas de 5ºEP fomos ver unha obra de teatro chamada "Unboxing Alice" (versión de "Alicia no país das marabillas")

Na obra de teatro había tres escenas diferentes. Chamaban aos nenos/as para facer dalgúns personaxes xa que só había dous actores.

Pasámolo moi ben vendo como os nenos/as e os actores disfrazábanse e facíannos rir.

As escenas ían do que había dentro duns ovos: na primeira tocou un dinosauro e Alicia converteuse nun e tivo que loitar contra Donkey Kong.

Encantounos a experiencia e esperamos voltar outra vez.

Premer na seguinte imaxe para ver os nosos debuxos.

 

Alba e Nesrine, 5ºB 

OS NOSOS BONECOS DE NADAL (3ºA)

 
Para celebrar o Nadal, durante as sesións de Plástica, os nenos e nenas de 3ºA fabricamos uns bonecos de neve con pasta de modelar. Levounos moito traballo, pero fixémolos con agarimo e esforzo para levar ás nosas casas un ledo recordo da nosa clase.
 
Por iso, e con eles, queremos felicitar a todos e todas estas festas.
Bo Nadal e Feliz Aninovo a toda a comunidade educativa do CEIP Recimil!"
 

MUSEOS CORUÑA (3º / 4º EP)

Excursión a Coruña dos nenos/as de 3º e 4º, con visitas guiadas ao Acuario e ao MUNCYT. Esta saída realizouse o 28 de novembro despois de ser suspendida a prevista para o día 14 por causas meteorolóxicas.

VISITA AO CONCELLO DE FERROL (2º EP)

 
O mércores 27 de novembro o alumnado de 2º visitou o Concello, onde foron recibidos por Antonio Golpe, Tenente de Alcalde de Ferrol e tamén Concelleiro de Cultura. Ademais de facer un percorrido por varias dependencias os nenos e nenas participaron nun pleno infantil.

PREMIO DE DEBUXO

O 15 de novembro de 2019, a dous nenos/as de sexto curso déronnos un premio dun concurso de debuxo sobre a Semana Micolóxica celebrada en Ferrol do 12 ao 16 de novembro.

Foi moi divertida a experiencia de concursar, e non podería facelo sen o apoio dos meus amigos/as e a miña profesora Constanza.

Moitas Grazas.

 NEREA V., 6ºB.

 

VISITAMOS MUSEOS NA CORUÑA

O venres, 15 de novembro, o alumnado de 5º e 6º fomos de excursión á Coruña. 


Visitamos o acuario.  Vimos a
Gastón, o tiburón máis grande, pero tamén había máis tiburóns, polbos, ovos de peixes, un peixe que tiña unha luz na súa cabeza chamado peixe pescador. Noutro acuario estaba Nemo, o peixe paiaso, e vimos moitos animais mariños máis.

O guía que tivemos en 6º chamábase Óscar e explicounos moitas cousas interesantes.

Xantamos nun centro comercial.

Despois fomos ao MUNCYT.  Alí había parte dun avión, moitos obxectos antigos como unha moto, unha consola, un coche, unha televisión... Fixemos probas en equipos para atopar obxectos.

Pasámolo xenial!

ADRI E DIEGO, 6ºA 

Distribuir contido


by Dr. Radut