O martes 26 de abril, fomos ver unha obra de teatro moi, pero que moi divertida: "A nena e o grilo máis aló" (montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos). Fomos desde os máis pequenos ata os máis grandes.
Nesta actuación os actores baixaron a animar ao público e tamén nos facían participar nas cancións.
Á maioría de nós gustounos moitísimo e despois volvemos andando ata o colexio, observando o que iamos vendo polo camiño, aprendendo así moitas cousas máis.
Para rematar, a actriz e os actores decidiron facer o seguinte "selfie" con todo o público e que posteriormente foi publicado no facebook.
JGR, 6ºB