Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Construímos?

Construíndo a igualdade

Os estudantes de Valores de 3ºB debatiron, investigaron e compartiron as súas ideas sobre a igualdade. Este é o seu proxecto final.

Fantástico traballo rapaces!

 

Os volcáns, unha construción natural, polo alumnado de 6º

O alumnado de 6º convídavos a premer no adxunto para compartir con todos vós a investigación que levaron a cabo sobre os volcáns...Adiante!

 

Tesouros da arquitectura

Xa case rematamos o cole mais os estudantes do CEIP Randufe non deixan de aprender. Toda a escola estivo investigando sobre diferentes formas da arquitectura galega. Mesmo construíron maquetas!

Bo traballo rapaces!!!

 

O xardín infinito

Esta semana tivemos o privilexio de contar coa visita da mestra composteira do Concello de Tui que ensinounos como facer un xardín infinito. Que non sabedes o que é? Pois é un xardín pechado nun tarro de olivas que, grazas a fotosíntese e a respiración das plantas, pode continuar o seu ciclo vital ata o infinito.

Que pasada!

Día da poesía - Deconstruíndo a Rosalía

Recordades cando celebramos o mes da poesía e aprendemos sobre a casiña de Rosalía e construímos a nosa poesía visual na súa honra. 

Quedaron espectaculares! Mirade!

 

Días das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Meus queridos estudantes:

Velaquí está o vídeo onde se recolle un pequeno resumo da exposición sobre a escritora homenaxeada nas Letras Galegas: Xela Arias. Mestra, escritora, tradutora e defensora da nosa Lingua.

Cada clase fixo un espectacular traballo CONSTRUÍNDO unha portada dalgunha das súas obras, tanto orixinais como traducións ao galego. Además, os rapaces de cuarto prepararon uns poemas da súa obra Darío a Diario que tanto nos gustou na clase. E os rapaces de sexto investigaron sobre todas as figuras xeométricas que podemos CONSTRUÍR coa portada de Drácula, traducido por Xela Arias.

QUE PASADA! Mirade, mirade...

 

Rita Fernández Queimadelos

Os rapaces e rapazas de quinto vimos de coñecer a figura de Rita Fernández Queimadelos, a primeira arquitecta galega. No adxunto deixámosvos un video co resumo do noso traballo.

O

 

 

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS

Este é un curso complicado para toda a comunidade educativa. A miúdo atopámonos cansos, preocupados, nerviosos...  e aínda así, en moitas ocasións sacamos a noso mellor sorriso ou as nosas mellores verbas , simplemente para facer o día máis agradable as persoas que temos ao lado.

 

 

 

 

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS: VÍDEOS DO ALUMNADO

Finalmente a través do proxecto do cole “Construímos?” convertemos os valores aprendidos en ladrillos brancos cos que construímos unha casa.  Este espazo representa o noso fogar, o noso centro, a nosa vila, a nosa comunidade... E todo grazas aos  alumnos  e  alumnas do cole que son e serán os verdadeiros construtores dun MUNDO EN PAZ!!!!

Animais construtores

Os alumnos e alumnas de 5º estivemos pescudando como constrúen algúns animais as súas casas. Preme no adxunto se queres ver o noso traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut