Proxecta +: Recíclate con Sogama

Kahoot por equipos sobre os tres "R"

Resumo da actividade levada a cabo por teacher Luz.

 

Entroido 2023

Aquí tedes o vídeo-resumo do Entroido 2023. Un Entroido do máis sostible!

Venres: desfraces mesturados e reutilizados

O venres de entroido traerás uns desfraces mesturados e así reutilizalos.

 

Xoves: todo o anterior deberás levar

O xoves de entroido deberás traer todos os abalorios dos días anteriores.

 

Mércores: papel ou cartón

O mércores algo con papel ou cartón deberás traer.

 

Martes de Entroido: plástico ou madeira

O martes de Entroido estará adicado ao plástico ou a madeira.

 

Luns de Entroido: tapóns

Durante a semana de Entroido, o noso Meco particular, da instrucións cada día de como temos que vir ao colexio.

Neste caso, o luns temos que asistir con algo feito con tapóns...Reciclaxe e creatividade a partes iguais!

 

 

Día da Paz 2023

O luns 30 de xaneiro, a comunidade educatica do CEIP Ramón Falcón, celebrou o Día da Paz coa construción dunha pomba da paz feita con tapóns de plástico.

 

Charla formativa de Sogama para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria

O luns 16 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha interesante formación sobre a reciclaxe, proposta por Sogama.

25 Novembro no CEIP Ramón Falcón

Aquí tedes o vídeo-resumo das actividades levadas a cabo polo 25 de novembro en contra da violencia de xénero. Un lapbook que recolle unha analoxía entre o proceso de reciclado do vidro e as actitudes positivas para erradicar a violencia de xénero.