O venres 19 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiu unha interesante formación sobre o funcionamento da radio na escola a cargo dun integrante do Laboratorio de radio.
Recomendámosche
Recomendacións lectoras da Falconteca
A nosa Falconteca, quere recomendarvos unha serie de lecturas moi interesantes para que durante estas datas gocedes coa lectura de contos, historias, lendas ou libros de todo tipo. Xa sabedes, lede, desfrutade, imaxinade...
Lip dub sobre o Día da Paz
Estamos moi contentos de mostrarvos o "lip dub" que estivemos a preparar durante o mes de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.Ten como fío condutor a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Álvaro Soler e Morat, posto que esa é a mensaxe que queríamos transmitir: todo é posible traballando en equipo. Todo o centro traballou moi duro, preparando a posta en escena, realizando camisetas e ensaiando sen parar para que quedara o mellor posible. E como non podía ser de outro xeito, a biblioteca e os nosos voluntarios tamén teñen o seu papel neste vídeo.
Recomendacións para 2º Ciclo
Aparecerán moi pronto nesta sección comentarios sobre o que len os nosos alumnos.
Próxima aparición
Robin e a boa xente
Iván