Martes de Entroido: plástico ou madeira

O martes de Entroido estará adicado ao plástico ou a madeira.

 

Día Mundial da Radio 2023: "Bichiños"

O luns 13 de febreiro, celebramos o día mundial da radio coa gravación do programa "Bichiños". Un programa elaborado polo alumnado de 4º de Primaria.

Luns de Entroido: tapóns

Durante a semana de Entroido, o noso Meco particular, da instrucións cada día de como temos que vir ao colexio.

Neste caso, o luns temos que asistir con algo feito con tapóns...Reciclaxe e creatividade a partes iguais!

 

 

Proxecto: Ningún aro sen rede

O mércores 1 de febreiro, a Fundación Breogán e a UNED, presentaron o proxecto "Ningún aro sen rede". Aquí tedes un pequeno resumo.

 

Formación da Radio na Biblio para o alumnado de 5º e 6º de Primaria

O martes 31 de xaneiro, a redactora da Cadena Ser en Lugo, Sara Meijide, encargouse de realizar unha formación sobre a radio e o podcast ao alumnado de 5º e 6º de Primaria. Aquí tedes un pequeno resumo do que deu de sí.

 

Día da Paz 2023

O luns 30 de xaneiro, a comunidade educatica do CEIP Ramón Falcón, celebrou o Día da Paz coa construción dunha pomba da paz feita con tapóns de plástico.

 

Visita dos xogadores do CB Breogán de Lugo

O martes 24 de xaneiro, o alemán Justus Hollatz e o serbio Nemanja Nenadic, xogadores do Clube baloncesto Breogán de Lugo, acudiron ao noso centro.

Para comezar, presentarónse en perfecto castelán. Logo, respostaron a todas as cuestións realizadas en inglés polo alumnado: deportes favoritos, tipo de alimentación, número de pé, equipos favoritos da NBA...

Para rematar, fixemos unha foto de familia e asinaron moitos autógrafos. 

RESERVA DE PRAZA ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Charla formativa de Sogama para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria

O luns 16 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha interesante formación sobre a reciclaxe, proposta por Sogama.

Entrega de premios da I Liga de Indiaka

O venres 13 de xaneiro levouse a cabo a entrega de premios aos gañadores da I Liga de Indiaka. Aquí tedes as imaxes!

Equipo gañador do 1º Ciclo: As estrelas

Equipo gañador do 2º Ciclo: Ratas de Alcantarilla