Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO 2024 - 2025

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato.

PRAZO: do día 1 ata 20 de marzo

IMPRESOS: Solicitude de admisión en educación infantil e primaria (Anexo II).

Anexo II - ED550B-C

Anexo II - ED550B-G

- Na web Admisión alumnado.

- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Online: con certificado electrónico.

Presencial: Martes, xoves e venres, con cita previa (telf: 981 25 53 30). 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE:

  • Copia DNI, Libro de familia ou documento acreditativo do requisito de idade d@ alumn@
  • Certificado empadronamento actualizado.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso.
  • No caso de optar a un curso distinto de 4º de EI, deberán achegar, tamén, certificación de matrícula do centro de procedencia.
  • Calquer outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

Toda a documentación deberá vir fotocopiada e acompañada dos orixinais para a súa comprobación.

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES 

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO

VACANTES

CURSO

VACANTES

Cuarto (3 anos)

17 + 3 NEAE(1)

Primeiro

0

Quinto (4 anos)

0

Segundo

0

Sexto (5 anos)

0

Terceiro

0

 

(1)  

Prazas reservadas para posible escolarización de alumnado con necesidades educativas especiais.

Cuarto

0

Quinto

0

Sexto

0

 

Para unha maior información poñemos a súa disposición os seguintes documentos:

Nota informativa do centro.

Mapa de Zona de Influencia dos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria.

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

Criterios de valoración

Criterio complementario punto extra, acordo do Consello Escolar.

Información Consellería de Educación, Universidade e Formación Provisional

 

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

 CONVOCATORIA DE BECAS DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-  na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

- na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

- no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut