Skip to Content

Semana do Libro

Un ano máis convertémonos en verdadeiros/as BookTubers ao longo da Semana do Libro.

Velaquí tedes os primeiros vídeos. Estade atentos/as, que ao longo desta semana iremos colgando o resto

5º e 6º

5º e 6º 2.0

SEMANA DA PRENSA

Co motivo da celebración da Semana da Prensa levamos a cabo a creación dunha edición especial do noso xornal ATURUXO, para o que os nenos/as de cada aula elaboraron unha noticia acerca de temas relacionados principalmente co noso PDI "A auga é vida", pero tamén con outras efemérides celebradas paralelamente como o "Dïa Mundial da Saúde", o "Día da Poesía", o "Día Mundial dos Dereitos do consumidor" e o "Día da Muller". Podedes velo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1bb0txcl67XYkUn93KAmNWy0JhVeN2hKE/view?u...

Agardamos que vos guste!

CONMEMORACION DIA DA AUGA

A pasada semana conmemoramos o DIA DA AUGA. Foi a nosa primeira saída desde que comezara o COVID. Por suposto gardando as distancias. Infantil foi ao Pozo da Ola, 1º e 2º á Área recreativa do Boulloso e 3º, 4º 5º e 6º foron os mais aventureiros e foron ata a Cascada de Goios-Foxas.

Aquí tedes algunhas FOTOS:

OBRADOIROS

A semana pasada o alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria disfrutaron dun OBRADOIRO PORQUE TEMOS EMBIGO?, e outro OBRADOIRO, MOZAS BONITAS E ORELLAS DE LOBO, neste caso para 5º e 6º de primaria. Estes obradoiro foron organizados a través da ANPA.

Aquí tedes algunhas FOTOS.

OBRADOIRO DE VIMBIO

Este xoves e venres tivemos no cole un OBRADOIRO DE VIMBIO VIVO, co que fixemos no parque unha cabana que nos queda para xogar nela. Participamos todas as clases e as familias que as súas obrigas llo permitiron. Moitas grazas pola participación e pola implicación.

Aquí tedes algunhas FOTOS:

ENTROIDO 2022

O venres 25 de febreiro celebrámos o noso DESFILE DE ENTROIDO. Este curso todos os disfraces xiraron en torno ao noso PDI "A AUGA É VIDA". Fixemos o desfile, queimamos o meco e merendamos chocolate con roscos.

Aquí tedes algunhas FOTOS:

 

RECAUDACION QUILOMETROS DE SOLIDARIDADE

Aquí tedes a recaudación da CARREIRA QUILOMETROS DE SOLIDARIEDADE, cantidade que se ingresou na conta de SAVE THE CHILDREN.

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!

QUILOMETROS DE SOLIDARIEDADE

QUINTO E SEXTO:

CUARTO:

TERCEIRO:

SEGUNDO:

 PRIMEIRO:

Festival Nadal 2021

Hoxe, no CEIP Plurilingüe A Pontenova celebramos o Nadal cun festival virtual. Ademais tivemos a visita dunha Elfa que nos respartiu algunha que outra chuche, aqui tedes algunhas FOTOS.

O alumnado de todo o colexio quérevos desexar unhas felices festas coas súas actuacións:

 

3 ANOS: Santa Shark

 


 

4 ANOS: Anuncio da lotaría

Distribuir contido


by Dr. Radut