Skip to Content

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Durante toda esta semana conmemoramos no cole o DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Conmemorámolo con talleres de lingua de signos (gracias á profe Paula), grabamos un video e todos nos metemos debaixo do paraugas da diversidade. Aquí tedes algunhas FOTOS e o video.

 

25 N - DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe, finalmente sós, tivemos a nosa pequena homenaxe neste 25 M, DIA INTERNACIONAL PARA A ELMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. Xuntámonos todos no polideportivo vestidos de negro para simbolizar a nosa repulsa á violencia, lemos un manifesto e gardamos 1 minuto de silencio. Aquí tedes algunhas fotos:

SEMANA DA CIENCIA NO CEIP PLURILINGÜE A PONTENOVA

Ao longo do mes de novembro estivemos a celebrar o Mes da Ciencia elaborando experimentos con auga en relación co noso PDI "A auga é vida".

Hoxe rematamos a Semana e o Mes da Ciencia cos experimentos elaborados polo alumnado de 1º e 2º :

 

Este xoves, o alumnado de 4º, 5º e 6º explícannos os seguintes experimentos:

 

MAGOSTO 2021

O pasado venres 12 de novembro celebramos un curso mais o noso MAGOSTO. Durante toda a semana estivémonos preparado para el. Picamos castañas, preparamos os cucuruchos, etc. Así o vernes pola tarde o tempo deixounos celebralo fora e tivemos xogos tradicionais por grupos burbulla, tomamos batidos e como non, comemos castañas.

Aquí tedes algunhas fotos e un video:

 

 

DIA DAS BIBLIOTECAS 2021

Aquí tedes un video de como celebramos este curso o DIA DAS BIBLIOTECAS. Disfrutádeo!!!

 

É o Samaín - It's Halloween

Durante a pasada semana celebramos no cole o Samaín - Halloween. Decoramos o cole, trouxemos cabazas, cantamos e disfrazámonos.

 

 

VISITA AO PARQUE EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O pasado xoves 21 de outubro o alumnado de 3º a 6º de primaria visitaron as instalacións do Parque experimental  de Sotavento. Ali foron atendidos por persoal experimentado que lles explicou todo o relativo ao parque e aprenderon e profundizaron no coñecemento das distintas enerxías alternativas.

VISITA AO COLE PERSOAL DE SOTAVENTO

O pasado martes 5 e mércores 6 de outubro persoal de SOTAVENTO desprazouse ata o colexio para dar unhas charlas aos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria sobre as enerxías renovables.

Distribuir contido


by Dr. Radut