Skip to Content

SEMANA DA CIENCIA

Ao longo do mes de novembro... foi o mes da ciencia!

Dende a Biblionova fixemos unha serie de propostas cos distintos cursos vinculadas coas enerxías renovables, que consistiron en:

- Educación Infantil, construímos pequenos barquiños reflexionando sobre como poderiamos facer para movelos sen contaminar. Descubrimos que se poden mover con xabón!.

- En 1º e 2º de Primaria construímos maquetas de coches propulsadas por aire. Foi divertidísimo.

VISIATA DA APALPADORA

Gracias á ANPA e á Deputación de Lugo onte visitou o noso cole a APALPADORA. Divertímonos moito durante un rato: cantamos, bailamos, etc.

OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA INFANCIA

Durante a mañá do luns o alumnado de 6º de infantil e o de 5º e 6º de primaria recibiron un obradoiro de educación afectivo sexual na infancia impartido por dúas matronas Sonia e Susana. Esta actividade, organizada pola ANPA forma parte dun programa de Educación e Saúde na Escola, organizado polo Colexio de Enfermaría de Lugo. MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

Aquí tedes algunhas FOTOS:

A Apalpadora

O vindeiro martes 13 de decembro  recibiremos á Apalpadora.

Chegada dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a  Apalpadora, filla do lexendario Apalpador, que colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas a visitar aos nenos e nenas da Pontenova para contarnos como é a vidana alta montaña e as súas marabillosas lendas. 

Queredes perdérvolo? achegádevos o martes 13 ao noso cole para disfrutar deste maravilloso conto musicado ás 12:30.

Celebración Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A pasada semana, o alumnado do CEIP Plurilingüe A Pontenova conmemorou esta data tan significativa no noso calendario coa elaboración dun videoclip sobre a canción "Por elas". 

Aquí vos dedixamos o resultado. 

CHARLA PLAN DIRECTOR

O pasado mércores o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu dúas charlas sobre o Bullying e o Cyberacoso dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E OS SEUS ENTORNOS.

VISITA DO ALCALDE

Bo día. O pasado xoves recibimos a visita do alcalde de A Pontenova. Xuntouse cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria. Preguntáronlle e pedíronlle moitas cousas para o cole.

O MAGOSTO

O pasado venres celebramos o magosto. 

Este ano estivo cargado de actividades. Fixemos xogos, elaboramos sidra doce, comemos castañas, bailamos e cantamos cos da "Chocolateira" e disfrutamos con Marta Ortiz da obra "Coser e Cantar".

Moita grazas á ANPA pola colaboración e á Chocolateira por acompañarnos nesta festa.

Samaín e Halloween no CEIP Plurilingüe A Pontenova

a última semana de outubro celebramos o Samaín e Halloween con varias actividades.

Fixemos xogos terroríficos e creamos unha receita de galletas con cabaza.

Aquí tedes dous videos. Agardamos que vos gusten.

 

 

VISITA A SOTAVENTO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron o parque tecnolóxico de Sotavento.

Aquí tedes un pequeno resumo do seu día de excursión

Distribuir contido


by Dr. Radut