Skip to Content

ATREVETE

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron a unha visita ao CIFP Politécnico de Lugo, dentro do PROGRAMA ATREVETE, onde lles informaron sobre as distintas ensinanzas que alí se ofrecen. Descubriron moitas cousas novas.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe todo o Cole xunto co IES quixemos facer presente a nosa testemuña no DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO  e fixémolo na praza dos Fornos.

Aqui tedes algunhas fotos:

DIA DE ROSALIA

Tamén celebramos o DIA DE ROSALIA dunha forma especial. Para Rosalia de Castro, as súas raíces foron fonte de inspiración e, dende o cole, queremos homenaxeala regalando sementes para a nosa terra. Plantádeas onde desexedes, e non dubidedes en enviarnos unha foto ao correo do cole: ceip.pontenova@edu.xunta.gal. As semillas atoparédelas en distintos comercios de A Pontenova. Graciñas pola colaboración de todas e todos!!!

ENTROIDO 2023

Este curso celebramos o ENTROIDO dunha forma diferente. Como outros anos disfrazámonos cunha cousa diferente durante toda a semana pero o venres de entroido, saímos polo pobo ata a praza dos Fornos cos disfraces do cole relativos ao noso PDI deste curso: AS ENERXIAS ALTERNATIVAS. Tamén queremos agradecer á nosa alumna de 6º de primaria Natalia, que nos fixo o cartel.

Aqui tedes o resultado:

DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O 4 de febreiro é o DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO e con este motivo hoxe no cole fixemos a representación sun lazo verde de TODOS CONTRA O CANCRO, a nosa peque aportación neste día.

NADAL 2022-2023

O derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal celebramos unha serie de obradoiros para celebrar o Nadal. Tivemos obradoiro de instrumentos musicais, de postais de nadal (que enviamos a distintas residencias de maiores) e Karaoke.

Aqui tedes algunhas fotos da experiencia:

ACTUACION PETER PUNK

Este xoves 20 tivemos a actuación do paiaso PETER PUNK organizada pola ANPA. Pasámolo moi divertido. Gracias á ANPA polo seu traballo e colaboración co cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut