Skip to Content

Escolares

ATREVETE

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron a unha visita ao CIFP Politécnico de Lugo, dentro do PROGRAMA ATREVETE, onde lles informaron sobre as distintas ensinanzas que alí se ofrecen. Descubriron moitas cousas novas.

ACTUACION PETER PUNK

Este xoves 20 tivemos a actuación do paiaso PETER PUNK organizada pola ANPA. Pasámolo moi divertido. Gracias á ANPA polo seu traballo e colaboración co cole.

SEMANA DA CIENCIA

Ao longo do mes de novembro... foi o mes da ciencia!

Dende a Biblionova fixemos unha serie de propostas cos distintos cursos vinculadas coas enerxías renovables, que consistiron en:

- Educación Infantil, construímos pequenos barquiños reflexionando sobre como poderiamos facer para movelos sen contaminar. Descubrimos que se poden mover con xabón!.

- En 1º e 2º de Primaria construímos maquetas de coches propulsadas por aire. Foi divertidísimo.

VISIATA DA APALPADORA

Gracias á ANPA e á Deputación de Lugo onte visitou o noso cole a APALPADORA. Divertímonos moito durante un rato: cantamos, bailamos, etc.

Samaín e Halloween no CEIP Plurilingüe A Pontenova

A finais de outubro celebramos o Samaín e Halloween no noso cole con varias actividades.

Fixemos xogos e elaboramos a receita de galletes de cabaza.

Aquí tedes dous vídeos. Agardamos que vos guste.

https://drive.google.com/file/d/1pmS3Of_tSWvVYRI-uogfs4oDObdfUYOy/view?u...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut