Actividades

MAIOS 2019

Un ano máis, a primeiros de maio, monitores do Concello viñeron a axudarnos a facer uns preciosos maios que logo levarían para facer unha exposición cos dos outros centros de Narón. Nós trouxemos flores e verde para adornalo. Tamén nos ensinaron unha canción tradicional que se adoitaba a cantar nas festas dos maios . A rapazada de 5º e 6º viñeron tamén a axudarnos . Aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día.

MARÍA CANOSA

O pasado 26 de abril coincidindo coa semana na que celebramos a Feira do Troco tivemos unha visita especial, a escritora galega  María Canosa, que estivo compartindo tempo connosco.

30º ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR

En 1990 saía a revista número 1 do CEIP Plurilingue Ponte de Xuvia, estaba dedicada a Luis Pimentel,  e este ano 2019 sairá o número 30 dedicado a Antón Fraguas.

MÚSICA EN MAIO

O día  17 de maio celébrase o Día Das Letras Galegas e este mes desde Dinamización Lingüística queremos dedicalo  a grupos e cantantes galegos.

LETRAS GALEGAS 2019: ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

PARA ACHEGARNOS Á FIGURA DO HOMENAXEADO ESTE ANO POLO DÍA DAS LETRAS, ANTONIO FRAGUAS, QUE MELLOR QUE ACHEGARNOS A SÚA VIDA E OBRA POR MEDIO DE XOGOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS.

MÚSICA EN ABRIL

Seguimos pinchando boa música elexida polos nenos e nenas de 6º tras o parón de marzo onde puxemos música feita por mulleres.

MÚSICA EN MARZO

Queremos dedicar o mes de marzo ás mulleres, xa que o 8 de marzo celebrouse o Día da Muller Traballadora.

ENTROIDO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no Ponte de Xuvia. Este ano estivo dedicado a historia e ás civilizacións. Empezamos a semana cos mandados e o certo é que todos os nenos e nenas animáronse a cumplir os dictados do Meco.

DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres 22 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Dúas nenas de 6º de educación primaria leron unha pequena biografía da nosa escritora, nada o 24 de febreiro de 1837. Despois fixemos un recitado de algún dos seus poemas máis coñecidos.

MANDADOS ENTROIDO 2019

Este ano o Entroido de Ponte de Xuvia está dedicado a Historia e as Civilizacións e cada clase escolleu o seu disfraz. Levan traballando arreo desde hai dúas semanas, procurando que ningún dos traxes leve nada de plástico xa que é un material moi perxudicial para a nosa contorna.

Distribuir contido