MÚSICA EN MARZO

Queremos dedicar o mes de marzo ás mulleres, xa que o 8 de marzo celebrouse o Día da Muller Traballadora. Este mes estamos a poñer música composta ou cantada por mulleres, e escollimos artistas coma Luz Casal, Rozalén, Sés, The Cranberries, Alaska, Morgan, Ariana Grande, Aretha Franklin ou Janis Joplin entre outras. Esperemos que disfrutedes á entrada e saída do centro destas talentosas mulleres que nos fan vibrar con diferentes emocións.