LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por carmenvazquez o Dom, 06/06/2021 - 14:03
17 Maio Dia das Letras Galegas
Este ano, as nosas letras estiveron dedicada a Xela Arias. Nada en Sarria o 4 de marzo de 1962 é filla do mestre Valentín Arias e Amparo.
Destaca a súa labor como poeta, tradutora e editora. Traducíu ao galego clásicos da literatura universal como Contos ao teléfono de Rodari, As Bruxas de Roald Dahl, Drácula de Bram Stoker e participou na tradución do Quixote.
As súas obras máis destacadas son os poemarios: Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos, Darío a diario e Intempériome.
Nos tamén quixemos homenaxeala e traballamos o seu libroDarío a diario. Este libro está dedicado ao seu fillo Darío. Os poemas tratan das súas intencións como nai desde unha perspectiva de non posesión senon de acompañamento e liberdade.
Cada clase escolleu un dos seus poemas, e despois de traballalo, ilustráronno e recitáronno.
Tamén fixemos un marca páxinas con versos de Xela e citas de autores que a coñeceron.
Aquí tedes a mostra do noso traballo. Podedes ver os debuxos dos nenos e nenas de todos os cursos do centro.
En canto os audios dos poemas esta semana aparecerán no programa de radio do noso centro: A Ponte.
Esperamos que vos gusten.