EXPERIMENTO CON XAMÓN
"EXPERIMENTO CON XAMÓN"
Un tema que debemos ter en conta no día a día para estar sans e gozar de boa saúde é realizar hábitos saudables como exercicio, aseo e tamén todo o relacionado con coidar a nosa alimentación.
Centrándonos na alimentación todos coincidimos en que un dos alimentos que máis consumimos é o xamón, sobre todo nas merendas. Pero non todos son igual. Para iso Antón realizou un experimento para deixarnos claro cal dos 3 tipos de xamón (normal, extra ou york) ten máis almidón, polo tanto cal é o menos recomendable que tomemos.
Para realizar este experimento precisa un par de cousiñas que vos indica no video. Queredes saber cal é xamón máis san? Cal é o máis perxudicial?
Pois adiante video!
Tamén vos deixamos un pdf coas explicacións deste experimento e os ingredientes e material que precisamos ter para levalo a cabo.
Moi bo traballo Antón.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Experimento saludable con Jamón Cocido - Antón G..pdf | 124.08 KB |