TEATRO 2019

Como todos os anos en outono asistimos ao Pazo da Cultura de Narón ou ao Auditorio Municipal a desfrutar do teatro de pequenas compañías galegas. O día 18 de outubro 5º e 6º EP foron a ver Lazarillo de Tormes. O día 24 de outubro 1º, 2º,3º e 4º de EP foron tamén a ver Patapatúm da compañía Elefante Elegante e o día 7 de novembro todo Infantil foi a ver “Acuario da compañía Ghazafellos no Auditorio. Aquí tedes algunha foto das saídas ao teatro. Esperemos que vos gusten.