PARTICIPAMOS NO CONSELLO MUNICIPAL DO CONCELLO DE NARÓN

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL

Durante este curso escolar 2019/2020 o Concello de Narón a través do Departamento de Seguridade Vial está a promover a constitución dun Consello de nenos e nenas dos Centros de Primaria de Narón co obxecto de crear un espazo de debate entre o alumnado para que colaboren no deseño e na planificación de servizos e espazos urbanos. No CEIP Ponte de Xuvia o alumnado que vai a participar vai a ser o de Curso. Xa elexiron un neno e unha nena que nos vai representar. As áreas que se van a debatir serán dúas : Mobilidade Sostible Escolar e Medio Ambiente. Agora están a preparar tres propostas para cada un dos temas. En novembro presentaran no Concello as súas ideas e serán valoradas polo servizos técnicos municipais que elixirá unha de cada área e a finais de novembro os representantes do noso centro as defenderán. Aquí podedes ver algunha foto dos nenos traballando por equipos cooperativos nos deseños das propostas e a “investidura” dos nosos conselleiros : Daniela Camiña Nogueira e Xoel Durán Martínez.

Seguiremos informando de como avanza o Consello de Participación Infantil.