DÍA DA PAZ 2022
Como cada curso, este ano celebramos o Día da Paz no noso colexio. Nesta ocasión decidimos realizar unha actividade moi orixinal. Decoramos unhas plumas con palabras e ideas que para nós están relacionadas coa Paz e o seu significado. Con esas plumas deseñadas por todas as nenas e nenos e cargadas de respecto e amor creamos unhas ás conxuntas coas que levar sempre connosco esas mensaxes de Paz.
Para poder escribilas reflexionamos primeiro acerca do motivo desta conmemoración e da importancia de manter unha convivenvia pacífica a través da lectura de diversos libros propostos polo Equipo de Biblioteca e que nos gustaron moito:
- Salvaje de Emily Hughes.
- Una montaña cualquiera de Fran Pintadera.
- El muro en mitad del libro de Jon Agee.
- O principio de Paula Carballeira.
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como quedaron as nosas ás. Agardamos que vos guste o noso traballo!