PRIMEIRA SEMANA SEN CLASE

 

Bos días Familias:

Debido ás circunstancias nas que nos atopamos estes días, considero importante facervos chegar a través desde correo unha serie de recomendacións que faciliten este tempo de interrupción escolar, así coma algúns materiais que sirvan para continuar coa dinámica da aula. Tede en conta que non terán que entregalos á volta xa que non serán avaliables, pero que é importante non cortar os avances que entre todos estábamos a conseguir. Coma xa sabedes, esta situación é nova e descoñecida para todos, pero eu dende a miña posición espero poder axudarvos da mellor maneira posible. Contade coma sempre coa comunicación comigo a través do correo e non dubidedes en facerme chegar calquera pregunta ou comentario.

 

Así que estas son as miñas propostas:

O que considero máis importante son as rutinas, xa que estas son a mellor maneira de axudar a transmitir tranquilidade aos nenos e nenas. De xeito que establecer unha rutina diaria na medida das nosas posibilidades, adicando un tempo prudencial a cada actividade, fará que todo resulte máis sinxelo. É importante que xoguen, descansen e gocen da vosa compañía.

·         Deixádelles facer: tal e como comentamos na última reunión é importante que @s nen@s vístanse, aséense solos, recollan a súa roupa, ordenen o cuarto… pero tamén que con axuda poñan a mesa, fagan a cama, participen no cociñado…agora non temos presas e eles tamén precisan sentirse útiles e ocupados.

·         Traballar o calendario diario: o día da semana, o día en número, o mes, a estación do ano e buscade algunha data sinalada para que conten os días que quedan para ela (aniversario, festa…).

·         Realizar manualidades con todo tipo de materiais: algo que ocupa unha parte importante do noso día a día na aula para mellorar o manexo das ceras, tesoiras, pegamento, rotus,…non esquezades fomentar a creatividade reciclando.

·         Xogade en familia: envíovos as propostas para reforzar as mates que estarían viaxando na bolsa de “As matemáticas divertidas”, moitos delas coñecidas polos xogos interactivos e que inclúe xogos de cartas, dominó, parchís, oca…

·         Non esquezades a importancia da lectura diaria e acompañade aos máis pequenos ao mesmo tempo que eles toman o protagonismo: eles len unha parte e vós continuades, debuxar unha escena do libro que esteades a ler, lectura encadeada, buscar outro título para o conto ou para o capítulo…

·         Realizade un tempo de asamblea, por exemplo ao mediodía, que lles sirva para falar do que fixeron o día anterior (recalcando a organización temporal: primeiro, despois ao final) e para planificar a tarde. Pensade que para eles ter unha organización temporal proporciona tranquilidade e sensación de orde.

·         Establecer un tempo diario coas pantallas, individual e compartido. Son moitas as opcións para ocupar o tempo e moitas as horas que pasan no cole sen ter contacto con elas, polo que non son imprescindibles.

·         Manter o contacto cos compañeir@s tamén é importante nestes días e son moitos os recursos que temos á nosa disposición.

Ao igual que as anteriores son moitas as ideas que vos chegarán estes días e infinitos os materiais á vosa disposición. Non obstante, eu cada luns irei enviándovos novas propostas, ademais de algunhas que considere precisas ao longo da semana.

Así e nesta ocasión, acompaña este correo un material que podería servirvos para esta semana e que podedes imprimir, ver nas pantalla ou empregar simplemente de idea: algunhas actividades de matemáticas, propostas de xogos, a lectura semanal e unha proposta de lectura comprensiva, unha actividade para traballar coa etiqueta dos alimentos que tíñamos planificada para esta semana, algunhas propostas de manualidades que poden servir para favorecer o manexo das tesoiras e algún dos contos que como recurso chegaron ata nós para explicarlles aos nen@s a situación actual e que por suposto queda nas vosas mans valorar e compartir con eles se o considerades preciso. Estes días estabamos ademais a investigar algún punto de interese da contorna, así que si vos animades, podedes buscar algún dato sobre o “Magnolio centenario”.

Lembrade que non se trata de facer por facer, cada un ten o seu propio ritmo e por suposto cada familia ten as súas circunstancias na casa. Trátase de que isto vós sirva de axuda e non que sexa un inconveniente a maiores.

Desexo que esta situación quede resolta o antes posible e poder regresar as aulas con total normalidade. Coidádevos moito e dádelles saúdos e bicos da miña parte aos vosos pequenos e pequenas.

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo.

 
 
AdxuntoTamaño
Cuento_Rosa_contra_el_virus.pdf9.75 MB
Leemos y dibujamos.pdf677.36 KB
Matemáticas semana del 16.pdf650.78 KB
Mision-Quedarse-En-Casa.pdf.pdf12.72 MB
Practicamos el recortado.pdf285.9 KB
Propuestas de juegos.pdf296.77 KB
Traballamos coa etiqueta dun alimento.pdf302.66 KB