VENRES EN BICI

O pasado venres día 7 de febreiro comezamos unha nova proposta nos recreos. Todos os nenos e nenas que os venres veñan ao cole en bici ou en patinete poderán saír no tempo de lecer ao Paseo a dar unha volta acompañados por unha mestra.

Este venres non estaban avisados e fixemos unha proba, quedaron encantados, polo tanto a partir de agora e sempre que o tempo o permita sairemos na bici ou patinete de paseo por Xuvia. Eso si recordade que debemos levar o casco.

Temos a sorte de contar ao lado do centro dun paseo con Carril bici e queremos propoñer actividades que fomenten que os nosos nenos e nenas utilizen transportes sostibles par vir ao centro.

Así que animádevos a vir máis en bici e patinete.