CHEGOU O SAMAÍN AO PONTE DE XUVIA

Encántanos celebrar o Samaín no noso centro e este ano o día 29 de outubro estivemos a decorar cabazas. Os pais e nais viñeron a botar unha man cos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de EP. Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP tiveron uns talleres organizados polo Concello que veu a colaborar con eles e os máis maiores os de 5º e 6º EP traballaron cos seus titores. O resultado foi impresionante e como sempre a ANPA fixo unha exposición de todas as cabazas nunha aula de Educación Infantil e todos puidemos ver o traballo dos compañeiros e compañeiras antes de que o Concello levara a exposición a San Mateo.

O día 30 de outubro viñemos disfrazados de personaxes de medo. O centro encheuse de bruxas e bruxos, esqueletos, momias, zombies, arañas...... E como este ano estábamos moi animados cantamos dúas cancións e bailamos outra. A rapazada de Infantil e 1º EP cantou “Os Esqueletos”,

De 2º EP a 6º EP cantaron “ O Corpo” e 5º e 6º EP bailou “Ghostbusters”